Solicitude de Local de Ensaio (2017)

Cara ao fomento da cultura musical e a participación xuvenil a Concellería de Educación e Cultura e a OMIX do Concello de Ortigueira poñen a disposición dos gupos musicais de Ortigueira un local de ensaio no Centro de participación veciñal de San Roque baixo as seguintes condicións de utilización:

O/a solicitante debe ser maior de idade e estar censado/a en Ortigueira.

A concesión será para o ano 2017, renovables ano a ano.

A solicitude resolverase nun prazo máximo de dez días hábiles. O feito de tela cursada non implica a concesión do local.

O colectivo ou grupo ou, no seu defecto, o/a solicitante, serán responsables dos danos ocasionados no local, así como de deixar recollido o mesmo unha vez finalizada o ensaio.

O horario autorizado para a utilización será de 9.00 a 22.00 horas de luns a domingo.

O período máximo de préstamo será de 8 horas semanais agrupadas nun máximo de dous días, prorrogables ata 15 horas se está debidamente xustificado e o local dispoñible.

O grupo ao que se lle autorice o uso non o poderá ceder a terceiros.

O material técnico e instrumentos necesarios para os ensaios serán recollidos unha vez finalizados os mesmos, no caso excepciónal de non ser posible entregarase un anexo co inventario do material. O Concello non será responsable do seu deterioro ou extravío.

Correrá por conta dos grupos a contratación dos seguros necesarios que podan precisar.
Non está permitido fumar nin consumir bebidas alcólicas dentro do local.

O grupo musical comprométese a realizar unha actuación anual dentro da programación cultural do Concello de Ortiguera. O horario, lugar e datas será fixadas por ambas as dúas partes.

En toda comunicación ou publicidade que realice o grupo debe especificar o apoio do CONCELLO DE ORTIGUEIRA.

O impreso de solicitude, que podes descargar na seguinte ligazón, deberá presentarase no rexistro municipal e serán atendidas por rigorosa orde de entrada.

https://drive.google.com/…/0B8rYdOqHRWhqcmE3VWNwZ21lYW8/view

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s