Presentación dos módulos de Música e Movemento e Formación Básica (EMCO)

Hoxe 12 de setembro, abrimos o prazo de matrícula para o curso 2019-2020 na Escola de Música de Ortigueira.

Ademáis presentámosvos de maneira gráfica e visual os novos módulos diseñados para os nenos e nenas de entre 3 a 6 anos. 

Para calquera información sobre a ensinanza e a matriculación, visítanos do 12 ó 19 de setembro na Escola de Música en horario de 16h a 20:30h.

12

Coñece a Aula e a Metadoloxía a empregar

btrbtrbtr

Coñece o Mestre de Música e Movemento e ó Pianista Acompañante da agrupación

 

CARLOS DIÉGUEZ BELTRÁN  (Director da EMCO. Mestre de Linguaxe Musical, Dirección e Música e Movemento)

3-carlos.jpgNatural de Monforte de Lemos (Lugo) é Master en Gestión Cultural (UOC), Licentiate in Music Direction (ABRSM) e Titulado Superior en Trombón (COSMAC).

Ten dirixido diversas formacións musicais en España, Portugal, Alemania, Italia, Eslovenia, Costa Rica, Cuba, Arxentina ou Venezuela; traballando con organismos de diverso ámbito (dende Universidades, Conservatorios, Ministerios de Cultura, “El Sistema”…)

Ten publicado diversos libros e materiais didácticos, destacando El oficio de Director de Banda, o método Bandeando (primeiro método iberoamericano para banda) ou Solfeando (método de linguaxe musical) ; así como ten editadas diversas composicións e arranxos.

Frecuentemente é convidado a impartir diversas conferencias e ponencias en diversos foros e adica parte do seu tempo a recuperar tanto o patrimonio musical do municipio como de Galicia.

A súa paixón por buscar unha ensinanza integradora e 3.0  lévao a desenrolar proxectos e iniciativas innovadoras, así como conta cun canal de ensinanza por Youtube con máis de 16000 suscriptores.

É o Presidente da Asociación Nacional de Directores de Banda de España (ANDB) e director artístico ou musical de diversos proxectos do Plan Nacional de Bandas como a Banda Sinfónica de Galicia.

ALEJANDRO VÁZQUEZ (Mestre de Piano,  Composición, Pianista Acompañante, Linguaxe Musical, Coro Infantil)

Á idade de 6 anos dá os seus primeiros pasos no mundo da música iniciándose no estudo do solfexo e piano coa pianista gaditana Juana Abad.

AVG.jpgIngresa no Conservatorio Profesional de Ferrol, onde de forma oficial inicia os seus estudos de piano, concluíndoos no Conservatorio da Coruña coa profesora Laura Díaz.

Unha vez finalizados os seus estudos de piano accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de composición, estudando con Mario Seoane e Julián Rodriguez.

Realiza numerosos cursos de especialización sobre análise e música contemporánea con Anne Landa; Eric Wen, director do departamento de composición do Curtis Institute; Marie-Bernadette Charrier e Cristophe Havel, profesor de composición na ESMUC e composición electroacústica en Musikene; entre outros…

Asiste bolseiro á LIV edición dos Cursos Universitarios e Internacionais De “Música en Compostela” no ensino de Sinfonismo e Música Actual, impartido por Antón García Abril e Maximino Zumalave.

Estuda tamén composición con Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia en Santiago de Compostela.

Como compositor recibiu encargas de numerosos ensembles e interpretes. As súas obras foron interpretadas por varios grupos de música de cámara, entre eles, o Ensemble S21, baixo a dirección de José María Sánchez Verdú; obras sinfónicas estreadas pola Banda e Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña; pezas electroacústicas como integrante do Ensemble Ixor, dirixido por Pablo Coello. Varias dela grabadas en CD.

É membro da plataforma ColorSonoro, adicada a promoción do arte contemporáneo audiovisual, plataforma coa cal estrea BOBOK (música teatral para actor, ensemble instrumental e película).

Nos últimos anos publica numerosos materiais de carácter pedagóxico tanto para banda sinfónica como xuvenil.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s