Coa aprobación no Boletín Oficial da Provincia (24 de xaneiro de 2017) do Regulamento de Réxime Interno e Organización da Escola de Música de Ortigueira quedaba regulado dunha forma oficial a organización da mesma.
Dende o persoal da EMCO, gustaríanos que o noso órgano «similar» a dun Consello Escolar… o noso Consello Consultivo, volvera a ser de valor para resolver todos os problemas ou inquedanzas da comunidade educativa.
No periodo 2017-2019, quedou deserta a representación vosa de pais/nais (menores de idade) e alumnos maiores polo que nos gustaría agora que se vai a renovar que houbera candidaturas para representar ós alumnos.
Deixámosvos os Artigos seguintes para que sepades como funciona e para animar a que alguén se anime a participar no mesmo:
Artigo 9. Consello Consultivo
O Consello Consultivo da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira é o máximo órgano de consulta e participación de todos os sectores involucrados no seu correcto funcionamento.
As súas propostas, informes e ditames serán preceptivos e serán elevados aos órganos municipais competentes.
Artigo 10. Composición do Consello Consultivo
O Consello Consultivo da Escola estará constituído polas seguintes persoas:
Presidirá as reunións o/a Sr./a Alcalde/sa de Ortigueira ou concelleiro/a en quen se delegue.
Exercerán de vogais os seguintes membros:
• Director/a do Centro
• Dous profesores/as, elixidos entre o profesorado
• Un/unha representante da Asociación de nais e pais de alumnos do Centro no caso de que houbera, e senón un/ unha representante legal dos/das alumnos/as menores de idade,
• Un/unha representante dos alumnos/as maiores de idade
Un membro do persoal administrativo do centro educativo levantará acta das reunións.
Cada membro do Consello deberá ter asignado un suplente que poida exercer as súas funcións na ausencia do mesmo.
O Consello Consultivo poderá renovarse cada dous anos á proposta de dous terzos dos seus integrantes.
Establecese un protocolo para a elección dos membros non natos do Consello:
a) As candidaturas serán presentadas nun prazo de 7 días naturais, nas datas establecidas pola presidencia do Consello.
b) As candidaturas presentaranse no rexistro municipal e, finalizado o prazo abrirase un período de exposición de candidatos/as de 5 días naturais.
c) O/A Presidente/a do Consello fixará a data e horas das eleccións. A votación será secreta. O/a candidato/a con máis votos será elixido/a directamente representante no órgano.
Artigo 11. Reunións do Consello Consultivo
O Consello Consultivo celebrará reunións nas datas e horas que propoña o/a Presidente/a, ou que o mesmo acorde, sendo necesaria a presenza a lo menos, do/a Presidente/a, o/a Director/a do Centro, un/a traballador/a que levante acta e de tres membros do consello, para a válida celebración das mesmas. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes a cada reunión.
Celebrarase un mínimo de dous consellos consultivos ordinarios por curso lectivo, e extraordinarios segundo as necesidades dos mesmos.
Artigo 12. Funcións do Consello Consultivo
As funcións do Concello Consultivo serán exclusivamente deliberativas e de asesoramento á corporación municipal no ámbito restrinxido da EMCO. Entre outras, ditas funcións serán as seguintes:
a) Propoñer actividades extraordinarias.
b) Propoñer cambios na oferta das materias e modificacións do cadro de profesores.
c) Coñecer as modificacións do Proxecto Educativo de Centro que propoña o conxunto de profesores e aprobe a autoridade municipal competente.
d) Propoñer ao equipo directivo do centro modificacións do Proxecto Educativo de Centro.
e) Elaborar informes, proxectos, iniciativas e propostas de interese educativo.