Este curso na Escola de Música do Concello de Ortigueira estreamos a nosa LUDOTECA MUSICAL.
Na Ludoteca Musical faremos diversos talleres artísticos relacionados coa Música. Para este primeiro trimestre ofrecémosvos o seguinte taller gratuito adicado á Pintura e o Deseño. O mestre do mesmo será Diego Dopico.
DATAS: A celebrarse na Ludoteca Musical da Escola de Música os días 25 de outubro, 8 e 22 de novembro e 13 de decembro
HORARIO: 16h a 17h (Nen@s de 7 a 12 anos) e de 17h a 18h (Nen@s de 3 a 6 anos)
PRAZAS: Son limitadas. Abertas para todos os interesados pero con preferencia para os alunos matriculados na EMCO.