O vindeiro día 21 de febreiro, na explanada da Escola de Música de Ortigueira, entre as 16h ata as 19h celebraremos a FESTA MUSICAL DE DISFRACES.
Esta actividade é aberta a participación de toda a cidadanía (estudien ou non na EMCO) e sobretodo ideada para a participación de tódolos nenos e nenas do municipio.
Na Festa de Entroido haberá:
- Música en Directo (Grupos musicais da EMCO)
- DJ con música de entroido
- CONCURSO DE KARAOKE
- Sorpresas!!
Anímate a vir, e acude disfrazado!!
KARAOKE ENTROIDO 2020
A actividade comezará a partir das 16:15 h. o venres 21 de febreiro na festa de entroido.
A inscrición é libre e gratuíta. Podes facela desde: CLICK AQUI PARA INSCRICIÓN KARAOKE
O concurso está destinado a persoas de tódalas idades e estarán divididos en 3 categorías.
DETALLES E CONDICIONS ( BASES)
01 – Realizase un listado da convocatoria por orde de categoría, ata a segunda canción ou rolda do concurso pechando con tódolos participantes inscritos ata este momento .
O xurado deliberará quen pasa a segunda rolda
02 – Realizaranse 4 categorías distribuídas da seguinte forma:
A – Menores (hasta 12 anos) B – Adolescentes (13 hasta 21 anos) C – Maiores (22 en adiante)
03 – A inscrición é libre e gratuíta.
04 – A elección dos Xénero musicais por cada participante será libre e confidencial.
05 – Recoméndase a cada participante presentar o seu tema en formato de mp3 ou similar .
06 – Permitirase a cada concursante a cartilla da letra o no defecto un monitor para traballar libremente no seu desempeño sobre o escenario.
07 – Non se pode repetir o tema cando na segunda canción se pasa a seguinte rolda .
08 – Queda a elección a parte organizadora o equipo de xurado que traballa en cada
presentación deixando a súa puntuación establecida de 1 (mínima ) ou 5 ( máxima ) e por cada membro do xurado soamente unha puntuación .
10 – O participante permítelle a parte organizadora a difusión das presentacións pola RADIO DA EMCO e A PUBLICIDADE NA EMCO TV .
11 – No caso da non presentación do participante tomase con puntuación cero tendo 24 horas de anticipación para informar da non presentación. No caso de aviso previo se lle sumaran 3 puntos de cortesía.