Debido ás medidas preventivas de saúde pública como consecuencia da evolución do CORONAVIRUS e por indicacións da Consellería de Educación a Escola de Música Concello de Ortigueira permanecerá pechada dende o 16 de marzo (durante 14 días). Prevese retomar as clases o día 30 de marzo, confirmación que daremos no seu momento.
É por elo que tomamos as seguintes medidas:
– As clases do venres 13 de marzo son de asistencia optativa.
– Queda aprazada a Semana de Audicións para máis adiante. Nesas datas, previsiblemente, retomaríamos as clases coa programación habitual.
– Quedan aprazados os exames e entrega de notas da 2ª avaliación.
– Durante o tempo de corentena, a EMCO ofrecerá clases online e titorías o seu alumnado.
Como serán as Clases Online que ofreceremos?
A escola unha vez máis demostra ser un centro 3.0 no que ás TIC se refire. Durante o tempo de corentena faremos o seguinte:
LINGUAXE MUSICAL: O profesorado acudirá ó seu posto de traballo á vindeira semana. Durante os días 16 a 18 enviará pola plataforma TOKAPP e con copia por e-mail os exercicios teóricos da materia de Linguaxe Musical para imprimir, facer e reenviar cubertos ó profesor/a.
A través da canle de Youtube da EMCO poñeranse os vídeos explicativos teóricos e exercicios rítmicos ou de dictado musical para o acceso e práctica do alumnado.
INSTRUMENTO: No caso das materias de instrumento poderemos facer unha clase en directo vía Skype, sendo tecnicamente máis fácil o envío dun vídeo tocando o estudo/canción e sendo corrixida vía e-mail polo seu profesor/a. Cada departamento enviará a información oportuna de como se realizarán estas clases.
Son obrigatorias as clases online?
Non, porque o acceso a internet e o seu uso non o é. Con estas clases pretendemos dende as nosas posibilidades que poidades seguir estudando cun titor que corrixa os exercicios, e porque non… facer este tempo de corentena máis entretido para vós ca practica instrumental.
Calquera dúbida podedes enviala ó e-mail da EMCO.
Recibe un cordial saúdo,
Carlos Diéguez (Director EMCO)