Dende a Escola de Música organizamos un Curso de Iniciación Musical Online neste período de coarentena para todas as persoas que sempre dixestes «gustaríame estudiar música pero non teño tempo». O curso está orientado tamén para todos os compoñentes dos coros do municipio que queiran profundizar os seus coñecementos musicais.
O profesor do curso será Carlos Diéguez (Mestre de linguaxe musical da EMCO).
Curso Gratuito. Requisitos:
1. Para xente do municipio ou que resida nel neste período de coarentena.
2. Estar concienciados de que hai que Quedarse na Casa!
3. Ter conexión a Internet
4. Ser maior de Idade
5. Comprometerse a aproveitar o curso (prazas limitadas)
Funcionamento. Contido do Curso:
Unha vez feita a inscrición online, a EMCO comunicaralle por email a aceptación ou non ó curso. Todas as actividades faranse dende a páxina web da escola, a través dun contrasinal proporcionado. Asimesmo enviaranse exercicios vía email e correccións entre o alumnado e o profesor.
Prazas: 30 (xa cubertas), e ante a gran demanda as ampliamos sen límite de prazas (polo momento) Podes inscribirte.
Comezo do Curso:
Dende o mércores 18 de Marzo e sen data cerrada de finalización. Ó ser un curso online poderás inscribirte en calquera momento mentras esté activo e ir facendo as tarefas e leccións ó teu ritmo.