«Música da nosa Vida» | Patrimonio musical de Ortigueira (EMCO)

Proxecto Música da Nosa Vida. EMCONeste tempo de coarentena, a Escola de Música Concello de Ortigueira a través da proposta de actividades online lanza un novo proxecto para a veciñanza tanto do municipio como do Ortegal.

Este proxecto forma parte do Plan Estratéxico para a recuperación e a divulgación da música de Ortigueira.

Animamos a compartir diverso material (partituras, fotografías, vídeos,…) para recuperar e divulgar a Memoria Musical do Concello de Ortigueira dende o s. XIX ata os nosos días.

corral-2A EMCO a parte da ensinanza musical ten como misión a de recuperar, preservar e salvagardar o patrimonio musical do municipio. Somos conscientes do coidado necesario na forma de recoller as testemuñas e documentos persoais dos nosos protagonistas e colaboradores neste proxecto. Do pasado máis lonxano ou máis próximo deben quedar imaxes, documentos, versións e testemuñas que constituirán un acervo de fontes á disposición da comunidade estudantil, dos expertos musicólogos e, por suposto, dos propios protagonistas.

O material que se recolla servirá para a investigación e difusión NON COMERCIAL, polo que non se verán infrinxidos nin os dereitos do autor, nin do propietario das imaxes e documentos que sexan cedidos ao Arquivo documental da Escola de Música do Concello de Ortigueira.

Principais elementos a recuperar:

IMAXES: 

De todas as agrupacións musicais que orquestaexistiron no municipio.

Elementos etnográficos e de tradición ortegana.

De personaxes (directores e compositores) do municipio.

Imaxes de festas orteganas.

PARTITURAS:

Adicadas ó municipio.

Escritas por compositores orteganos.

Música que soaba nas festas do municipio.

ARTIGOS DE PRENSA:

Todos os que conteñan información sobre actuacións musicais, historia ou novas dos grupos, as cales nos servirán como importantes fontes para realizar un estudo musicolóxico sobre a música ortegana.

DOCUMENTOS:

presentacion-coral-prtegana-1987Carnets de músico.

Cartas, saúdas e felicitacións.

Actas de concursos.

TRAXES ANTIGOS:

Traxes en desuso, que se depositarán no arquivo musical e patrimonial da Escola de Música de Ortigueira.

INSTRUMENTOS MUSICAIS:

Instrumentos en desuso, cun certo valor histórico, que se depositarán no arquivo musical e patrimonial da Escola de Música de Ortigueira.

Como colaborar con nós:

DURANTE A COARENTENA:

As túas fotos, partituras, documentos, traxes antigos, instrumentos… son de moita axuda para construír a memoria colectiva da música no municipio.

  • On line: aquelas persoas que desexen ceder unha fotografía, documento, audio ou video poderán enviar unha copia electrónica por Email ao seguinte enderezo: esmu.ortigueira@gmail.com

Publicaremos nas canles dixitais da EMCO parte de toda esa documentación neste tempo de #quedatenacasacoaEmco

DESPOIS DA COARENTENA:

1903banda-garroteA Escola de Música do Concello de Ortigueira realizará a dixitalización dos documentos e fotografías, e procederá á correspondente devolución ao seu propietario xunto cunha copia dixital de cortesía, ben en CD, pendrive USB ou envío por email.

Entrega presencial nas instalacións da EMCO: tras recibir a túa visita, procederemos a realizar a dixitalización das túas fotografías ou documentos no momento, así como se queres doar algún instrumento ou traxe antigo, recollerémolo a modo de doazón ou depósito. Contamos con scanner para as fotografías e convertidores dixitais de cintas VHS (vídeo) ou cassette (audio)

  • Entrega dos documentos por correo postal: unha vez recibidos os orixinais, procederase á súa dixitalización e devolución pola mesma vía con copia en CD ou pendrive USB ao propietario.
  • On line: aquelas persoas que desexen ceder unha fotografía, documento, audio ou video poderán enviar unha copia electrónica por

Email ao seguinte enderezo: esmu.ortigueira@gmail.com

  • Solicitude de recollida por parte do doante: en caso de que o doante non conte con medios para facernos chegar a documentación coa que desexa contribuír, pode contactar con nós a través do correo electrónico, ou chamando ó 981402432

ONDE PODO VER ONLINE A MEMORIA MUSICAL DO MUNICIPIO:

Colgaremos toda esta documentación según a súa tipoloxía de formato en:

WEB: www.ortigueiraemusica.wordpress.com

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCBSTQ7tYDMba_hoR_EpHiSg

Instagram: https://www.instagram.com/esmuortigueira/

Facebook: https://www.facebook.com/ortigueiraemusica/

Pinterest: https://www.pinterest.es/emcortigueira/

 

#  TODAS AS FOTOS E VIDEOS LEVARÁN O HASHTAG 

 

 #OrtigueiraéMúsica

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s