SEMANA ONLINE DE AUDICIÓNS na EMCO #OrtigueiraéMúsica

A Escola de Música Concello de Ortigueira tiña preparada antes de que se decretara o Estado de Alarma e o confinamento da poboación, unha semana branca adicada a realización de audicións diarias en aberto na EMCO.

Co motivo da supresión das clases presenciais, esta semana de audicións pública quedou cancelada. Non obstante, e con toda a Escola de Música (alumnado e profesorado) traballando Online anunciamos que esta Semana de Audicións farase da seguinte maneira:

  • Todo o Alumnado da Escola de Música fará unha Audición no Salón da súa Casa para toda a súa familia. Como se dun concerto no Teatro se tratara. Con organización, presentación e coa maior profesionalidade.
  • Todo o Alumnado que desexe compartir con todos os amigos, demáis familia e público en xeral a súa audición poderá facelo a través das súas redes sociais (pública) e etiquetar a publicación co hashtag:

#OrtigueiraéMúsica

Semana Online de Audicións EMCO

Deja un comentario