Organizado polo Certamen de Bandas de Andalucía (co apoio do Concello de Chauchina, da Diputación de Granada e da Junta de Andalucía) celébrase o IV SEMINARIO de Directores e Directivos de Bandas de Música; de forma online debido as circunstancias actuais.
A Escola de Música Concello de Ortigueira, a través do seu director, foi convidada a participar na mesa redonda deste webinar: «El mundo, con y después del coronavirus. Nuevos paradigmas».
Carlos Diéguez (Director da EMCO) dará a coñecer os recursos online usados pola nosa escola e a xestión organizativa levada a cabo para poder continuar ca formación a distancia a todo o alumnado. Profundizando ademáis nos novos paradigmas que se presentan no futuro nun horizonte no que «o distanciamento social» será unha nova realidade e as consecuencias que terá, tanto nos ensaios das agrupacións musicais como no seu día a día.
Aínda que o seminario está enfocado cara as bandas de música, é interesante de seguir por directivos, profesores ou directores de coros, bandas de gaitas ou grupos de baile… dado que as restrincións polo Covid-19 afectaranlle a todas (independentemente do seu xénero musical)
O seminario é aberto e levarase a cabo en directo por Youtube, o vindeiro Domingo 10 de maio ás 19h.
Ligazón da Canle de Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCYo3UGd8JW44I6Z5C4gI8uA
Cartel en PDF: CLICK AQUÍ