Este xogo de Kahoot é similar ó funcionamento dun Trivial. Con 25 preguntas deberás elixir a resposta correcta entre as catro propostas, ou entre verdadeiro/falso.
Normas:
1º) Fai click na ligazón: https://cutt.ly/AyP9X5a
2º) Onde pon Nickname… escribe o teu nome e primeiro apelido ou un alcume identificativo.
3º) O prazo para participar estará aberto ata cubrirse os cen primeiros participantes ou na data máxima do 7 de xuño.
4º) O/A gañador/a darase a coñecer ó termino do concurso. Recibirá de agasallo un lote de libros e CD da Escola de Música Concello de Ortigueira.
Dende a EMCO queremos achegar, dar a coñecer e divulgar o noso patrimonio musical ortegano dunha maneira lúdica e a través da gamificación.
Quen acertará máis preguntas?