Se tes un fillo ou filla de entre 3 a 6 anos, presentámoste a Aula de Música e Movemento da Escola de Música. Sen dúbida, unha boa actividade educativa que está ó noso alcance no municipio e comarca de Ortegal. Descúbrea con nós!
Ademáis presentámosvos de maneira gráfica e visual os módulos diseñados para os nenos e nenas de entre 3 a 6 anos.
Para calquera información sobre a ensinanza na Escola de Música, anótate ás Xornadas de Portas Abertas Online (entre 8 e o 12 de xuño): FAI CLICK AQUI
Coñece a Aula e a Metadoloxía a empregar
AMPLIACIÓN CURSO 2020-2021
Debido a tomar tódalas medidas de protección sanitaria para o vindeiro curso, na especialidade de Música e Movemento destacamos:
- Contaremos con 2 aulas para estar máis cómodos. A sala de Música e Movemento (A1) e a da Ludoteca Musical.
- Os nenos e nenas usarán un baño exclusivo e adaptado a súa idade (estatura).
- Faremos o protocolo de limpeza de mans ó entrar e saír das clases, así como cumpriremos todas as medidas sanitarias en vigor durante o transcurso do curso.
- Contaremos cunha Aula Virtual, unha titoría telemática e un sevizo de comunicación por app. para estar en contacto permanentemente.
- Realizaremos concertos e audicións cun aforo de público restrinxido ás familias.
QUE É MÚSICA E MOVEMENTO? MOSTRA DE CLASES PRÁCTICAS
Coñece ós Mestres de Música e Movemento da EMCO
CARLOS DIÉGUEZ BELTRÁN (Director da EMCO. Mestre de Linguaxe Musical, Dirección e Música e Movemento)
Natural de Monforte de Lemos (Lugo) é Master en Gestión Cultural (UOC), Licentiate in Music Direction (ABRSM) e Titulado Superior en Trombón (COSMAC).
Ten dirixido diversas formacións musicais en España, Portugal, Alemania, Italia, Eslovenia, Costa Rica, Cuba, Arxentina ou Venezuela; traballando con organismos de diverso ámbito (dende Universidades, municipios, Conservatorios, Ministerios de Cultura, “El Sistema”…)
Ten publicado diversos libros e materiais didácticos, destacando El oficio de Director de Banda, o método Bandeando (primeiro método iberoamericano para banda) ou Solfeando (método de linguaxe musical) ; así como ten editadas diversas composicións e arranxos.
Frecuentemente é convidado a impartir diversas conferencias e ponencias en diversos foros e adica parte do seu tempo a recuperar e divulgar tanto o patrimonio musical do municipio como de Galicia.
A súa paixón por buscar unha ensinanza integradora e 3.0 lévao a desenrolar proxectos e iniciativas innovadoras, así como conta cun canal de ensinanza por Youtube con máis de 25000 suscriptores.
ALEJANDRO VÁZQUEZ (Mestre de Piano, Composición, Pianista Acompañante, Linguaxe Musical, Coro Infantil)
Á idade de 6 anos dá os seus primeiros pasos no mundo da música iniciándose no estudo do solfexo e piano coa pianista gaditana Juana Abad.
Ingresa no Conservatorio Profesional de Ferrol, onde de forma oficial inicia os seus estudos de piano, concluíndoos no Conservatorio da Coruña coa profesora Laura Díaz.
Unha vez finalizados os seus estudos de piano accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de composición, estudando con Mario Seoane e Julián Rodriguez.
Realiza numerosos cursos de especialización sobre análise e música contemporánea con Anne Landa; Eric Wen, director do departamento de composición do Curtis Institute; Marie-Bernadette Charrier e Cristophe Havel, profesor de composición na ESMUC e composición electroacústica en Musikene; entre outros…
Asiste bolseiro á LIV edición dos Cursos Universitarios e Internacionais De “Música en Compostela” no ensino de Sinfonismo e Música Actual, impartido por Antón García Abril e Maximino Zumalave.
Como compositor recibiu encargas de numerosos ensembles e interpretes. As súas obras foron interpretadas por varios grupos de música de cámara, entre eles, o Ensemble S21, baixo a dirección de José María Sánchez Verdú; obras sinfónicas estreadas pola Banda e Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña; pezas electroacústicas como integrante do Ensemble Ixor, dirixido por Pablo Coello. Varias dela grabadas en CD.
É membro da plataforma ColorSonoro, adicada a promoción do arte contemporáneo audiovisual, plataforma coa cal estrea BOBOK (música teatral para actor, ensemble instrumental e película).
Nos últimos anos publica numerosos materiais de carácter pedagóxico tanto para banda sinfónica como xuvenil.