A través de Facebook Live (Sábado 13, 22h España): https://www.facebook.com/perubandas/
Ca pandemia internacional da Covid-19 e a transformación do modelo educativo (de presencial a telemático) creou un paradigma inédito e complexo.
No Perú, cunha alerta sanitaria de longa duración e ca previsión de volver ás clases presenciais para o a no 2021 (marzo?) os docentes tratan de buscar e crear modelos dixitais para continuar cas clases telemáticas. Neste país latinoamericano as Escolas de Música están integradas nos colexios (8 ós 16 anos). Aínda que é unha actividade extracurricular, conta cada institución cun profesor de música que imparte as ensinanzas instrumentais e dirixe as bandas e coros escolares.
O modelo metodolóxico de Ortigueira como referencia internacional
A creatividade e posta en marcha de iniciativas pedagóxicas foron unha constante entre o profesorado que formou parte da Escola de Música durante os seus 20 anos de vida.
A través de colaboracións institucionais, participación en seminarios, concursos de xóvenes intérpretes, masterclass con mestres convidados, concursos iberoamericanos de composición, encontros musicais de verán, Canle de TV escolar, intercambios musicais ou a divulgación e edición das metodoloxías creadas… a EMCO obtivo con merecemento un recoñecemento ó seu traballo desenvolvido, a pesar de ser unha escola de música de formato pequeno.
13 de xuño (22h. España), webinar internacional en Facebook Live
Este sábado 13 de xuño, ás 22h españolas a través de Facebook Live https://www.facebook.com/perubandas/ o director da Escola de Música Concello de Ortigueira dará a coñecer para os mestres peruanos os proxectos desarrollados na Escola de Música:
A Banda de Papel
Baixo a idea orixinal da «Orquesta de Papel» e coa colaboración da Fundación Simón Bolívar de Venezuela (Premio Príncipe de Asturias de las Artes 2012), os mestres Graciela López, Rubén Montero e Alejandro Vázquez crearon esta agrupación para os nenos e nenas de Música e Movemento. Esta agrupación foi pioneira en España, existindo só referentes da «Banda de Papel» en Colombia.
Bandeando
O equipo formado polos mestres da EMCO (Carlos Diéguez, Alejandro Vázquez e Vicente Rey), xunto cos mestres Norman Milanés e Jesús Ignacio Perazzo, crearon o primeiro método iberoamericano para bandas infantiles e xuveniles. Escrito en español e portugués, inclúe repertorio galego.
Solfeando
A metodoloxía para ensinanza da Linguaxe Musical de Carlos Diéguez (Director da EMCO) vai máis alá de ser un libro físico. Neste tempo de ensinanza telemática foi un descubremento para moitos docentes, contando na súa canle educativa de Youtube con máis de 26.000 suscriptores.