CAMPAMENTO MUSICAL DE VERÁN ONLINE
Se o teu fillo/a ten entre 3 a 12 anos e resides no municipio de Ortigueira ofrecémoste este Campamento Musical Online de verán. Non é necesario ter coñecementos previos de música e o seu formato non é teórico senón lúdico.
Datas: Do 15 de xullo ó 7 de Agosto
Inscrición: Gratuita. A través do formulario. Prazas limitadas. https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA
Que necesito?: Ter conexión a internet nun teléfono/PC con cámara, poder descargar e imprimir os materiais que se envíen así como usar ou mercar material escolar básico como cartolinas, lapis de cores…
Horarios: Como actividade de conciliación familiar o horario é flexible. A maioría do tempo elíxelo ti e aparte en común co grupo será fixada polo profesor. Este horario grupal usarémolo para realizar videoconferencias entre o alumnado e o profesor.
Sobre o Campamento:
ESTE VERÁN, APRENDE CA EMCO
- Un programa formativo completo, divertido e repleto de actividades
- Descubrirán novos instrumentos, as súas características e a súa
- Aprenderán percusión corporal para potenciar a súa expresión corporal e mellorar as súas habilidades rítmicas.
- Realizarán actividades de teatro musical en grupo, ideal para deixar voar a súa imaxinación e mellorar a súa interacción social e de confianza.
- Aprenderán cancións musicais da Banda de Papel.
- Faremos unha adaptación personalizada para os nenos/as que xa teñen coñecementos previos musicais.
- Fabricarán os seus propios instrumentos musicais con material reciclado, obtendo unha percepción do bo uso dos materiais e o respecto ao medio ambiente.
- O profesor enviará fichas, actividades e vídeos para facelos na casa no horario que mellor se adapte a ti. Faremos conexións semanais por videoconferencia nun horario fixado para interactuar entre todo o grupo.
VAN A PASALO XENIAL!
Un verán divertido, diferente… e totalmente seguro
- Unha experiencia chea de diversión e aprendizaxe.
- Estarán na contorna máis segura neste momento para aprender, o seu fogar.
- Pasarán días entretidos, realizando actividades e interactuando con outros nenos e nenas.
- Farán novos amigos mentres aprenden habilidades musicais e motoras.
- Sentiranse máis felices e equilibrados grazas a unha rutina formativa.
- Coa formación musical, gañarán seguridade, confianza, autoestima e novas habilidades cognitivas.
UN CAMPAMENTO A TÚA MEDIDA
- Un campamento ideal para os máis peques se teñen entre 3 e 12 anos.
- Poden realizar o campamento nun horario flexible con tempos libres e tempos fixados de conexión dixital
- Teñen conexión a Internet e un dispositivo para seguir as clases (como unha tablet ou un computador).
INSCRÍBETE AQUÍ: https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA
Contacta con nós para calqueira dúbida: escolademusica@concellodeortigueira.com
CURSO DE INICIACIÓN MUSICAL ONLINE
Dende a Escola de Música organizamos a segunda edición do Curso de Iniciación Musical Online, despois do éxito da primeira edición no período de coarentena, para todas as persoas que sempre dixestes “gustaríame estudiar música pero non teño tempo”. O curso está orientado tamén para todos os compoñentes das agrupacións musicais do municipio que queiran profundizar os seus coñecementos musicais.
O profesor do curso será Carlos Diéguez (Mestre de linguaxe musical da EMCO).
Curso Gratuito. Requisitos:
1. Para xente do municipio ou que resida nel neste período de verán.
2. Ter conexión a Internet
3. Ser maior de Idade
4. Comprometerse a aproveitar o curso (prazas limitadas)
Funcionamento. Contido do Curso:
Unha vez feita a inscrición online, a EMCO comunicaralle por email a aceptación ou non ó curso. As actividades faranse dende a páxina web da escola, a través dun contrasinal proporcionado. Asimesmo enviaranse exercicios vía email e correccións entre o alumnado e o profesor. A través dun horario fixado de videoconferencia farase semanalmente unha clase/titoría co profesor.
Prazas: 30 (por orde de inscrición)
Duración do Curso:
Dende o 15 de xullo ó 7 de agosto. Unha vez finalizado o mesmo terás acceso ó contido durante todo o mes de agosto para repasar ou avanzar ó teu ritmo.
INSCRÍBETE AQUÍ: https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA
Contacta con nós para calqueira dúbida: escolademusica@concellodeortigueira.com