Prazo aberto de MATRICULAS na Escola de Música de Ortigueira

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) abre prazo de nova matricula para poder cursar estudos musicais no curso 2020-2021.

O prazo de nova matricula está aberto entre o 15 ó 18 de setembro. Poderá facerse por dúas vías: tanto telemática a través da web como presencial na escola de música en horario de 16h a 20h.

Podes consultar as prazas dispoñibles:

NOVIDADES do CURSO 2020-2021

A Escola de Música oferta 140 prazas divididas en 10 módulos e 22 especialidades instrumentais. 

A través do protocolo “PLAN de ADAPTACIÓN á situación COVID 19 no curso 2020-2021″ a Escola de Música proponse ser un lugar de ensino musical seguro e agradable. Entre cada clase haberá un espazo de 15 min. para ventilación e desinfección da mesma. O Concello adquiriu mamparas, purificador de aire con filtro hepa, hidroxeles, máscaras e material hixiénico vario para dotar ó centro das maiores garantías.

A EMCO ofrecerá por primeira vez na súa oferta educativa dúas posibilidades de matrícula nas clases: ensinanza presencial (instrumento + linguaxe musical +  agrupacións) ou semipresencial, na que linguaxe musical impártese telemáticamente. Con esta posibilidade de matriculación semipresencial, pensada nos maiores de 16 anos, preténdese dar a posibilidade de estudiar na EMCO ás persoas que por temas laborais/familiares non dan compaxinado cos horarios da Escola, e por outra parte ofrecer estas clases online a todas as personas que non se sintan cómodas en clases de grupos debido á Covid.

Despois do éxito acadado pola súa canle EMCO TV (en Youtube e Facebook) a Escola de Música mostrará o seu traballo a través desta plataforma, tanto concertos, directos, entrevistas…

A Escola de Música Concello de Ortigueira é a única escola de música pública oficial recoñecida pola Xunta de Galicia de Ferrol Terra e Comarca de Ortegal.

ESMU ORTIGUEIRA (Xunta de Galicia)

MATRICULATE FACENDO CLICK AQUI

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s