A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) ven de facer público o «Plan de Adaptación á situación Covid 19 no Curso 2020-2021» así como o «Plan de Continxencia Covid-19».
Ambos protocolos recollen as medidas organizativas, de hixiene a tomar así como o seguimento e control de posibles incidencias.
O Concello de Ortigueira dotou ó centro tanto de mamparas, purificador de aire, máscaras, xel hidroalcóholico e productos desinfectantes para facer da EMCO un centro de ensino seguro e agradable.
Podes descargar os Protocolos Covid aquí:
Protocolo Adaptado para os máis cativos
Para que a información sobre os protocolos Covid 19, chegue dunha maneira amena ó alumnado máis novo da escola de música, dende o departamento de comunicación EMCO TV elaborouse un video en dibuxos animados para emitirse tanto en youtube como na TV do vestíbulo da escola de música.
PRAZO DE MATRICULA ABERTO
O prazo de matriculación para novo alumnado remata o venres 18 de setembro.
Máis info en: