CAPAS DE PROTECCIÓN COVID-19 da EMCO | Clases de Conxunto

A Escola de Música Concello de Ortigueira comezará paulatinamente e seguindo todos os protocolos de seguridade as clases de conxunto instrumental. Primeiramente serán os grupos de música tradicional da EMCO os que volvan as clases este venres.

Para elo e garantir a seguridade nas clases de conxuntos, o Concello dotou a Escola de Música de Mamparas de metracrilato e purificador de aire con filtro hepa. Ademais aplícase unha serie de medidas que denominan capas de protección para facer da EMCO un lugar seguro e agradable.

O director da Escola, Carlos Diéguez, e o Mestre de Grupo Tradicional, Juan Barcón, fálannos no vídeo da volta á actividade e das medidas de protección.

 

CAPAS DE PROTECCIÓN COVID-19 da ESCOLA de MÚSICA CONCELLO de ORTIGUEIRA

  • Uso de Máscaras, Hidroxel e Limpeza de Calzado do alumnado.
  • Limpeza e desinfección diaria do edificio. Xeral e entre clase e clase, cunha separación de 15 minutos entre cada unha delas.
  • Ventilación Continua da EMCO.
  • Ratio de alumnos reducido, duración das clases de conxunto reducidas, distanciamento físico (1,5m – 3 m.)
  • Uso de Mamparas de metracrilato para as clases de vento, gaita, conxuntos e canto.
  • Uso de Purificador de Aire con Filtro Hepa nas clases de conxunto.
  • Sinalización da EMCO con todas as medidas do protocolo Covid e marcación dun circuíto de entrada e saída do edificio.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s