COMUNICADO DA ESCOLA DE MÚSICA

ESCOLA DE MÚSICA CONCELLO DE ORTIGUEIRA (EMCO)

Comunicado de última hora:

O concello de Ortigueira, como xa sabedes, entrará no nivel máximo de restricións a partir das 00:00 h. de mañá venres.

Por este motivo e como medida de prevención, o concello decidiu que a Escola municipal permaneza pechada a partir de dita data.

A ensinanza por tanto, tal e como recolle o noso Protocolo Covid pasa a ser telemática (online) a partir deste venres día 15. Esta situación de asistencia non presencial estará en vigor ata que o concello así o vexa oportuno.

Dende a EMCO querémosvos comunicar:

  • A ensinanza das clases individuais de instrumento e as clases colectivas de linguaxe musical realizaranse no mesmo horario establecido como ata agora.
  • As clases de conxunto (combo, coro, banda de gaitas, grupo de acordeóns…) non se realizarán de forma online; tan só se enviarán partituras por parte do profesorado.
  • A ensinanza de Música e Movemento realizarase os venres no horario habitual de clase (comezando o día 22)
  • A Escola de Música permanecerá pechada durante este tempo, sen atención ó público.
  • Ponse a disposición de todos os usuarios o email: escolademusica@concellodeortigueira.com e o teléfono persoal do director do centro: 633 76 38 90.
  • O profesorado contactará persoalmente con cada alumno/a para analizar as posibles vías e medios cos que facer as clases, para que o acceso da tecnoloxía non sexa un impedimento.

Lamentamos unha vez máis os inconvintes  que vos poida surxir esta situación e esperamos que esta situación cambie o máis pronto posible e así poder vernos canto antes.

Mentras… Coidádevos moito!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s