CONCERTO SEMANA SANTA 2021 (ORTIGUEIRA)

Debida a situación da pandemia da Covid, non é posible ofrecer un concerto de Semana Santa no municipio. É por elo que dende EMCO TV recuperamos un concerto moi especial para ofrecervos nestas sinaladas datas.

⛪ O 20 de Marzo de 2016 na Igrexa Parroquial de Santa Marta de Ortigueira, a Banda de Música de Ortigueira en conxunto cos coros do municipio: Coral Polifónica de Ortigueira, Coro de Espasante, Coro da Escola de Música de Ortigueira e veciñ@ s que participaron a modo individual interpretaron a Missa Brevis de Jacob de Haan.
En total, máis de 100 músicos e coristas en escea!!!

Jacob de Haan, nacido o 28 de marzo de 1959 en Heerenveen, Países Baixos, é un dos compositores de música de vento máis populares e interpretados do noso tempo. Nunha longa cooperación co seu editor, De Haske Publications, publicou numerosas composicións e arranxos para varias formacións.

Missa Brevis, escrita para coro e banda de música, foi un encargo do Conseil Départemental pour a Musique et a Culture de Haute- Alsace ( Dir .: Philippe Pfisterer) en Guebwiller (Francia), en celebración do milenio do nacemento do Papa León IX en Éguisheim (Francia). O compositor dirixiu a primeira actuación o 23 de xuño de 2002. Realizouse en directo para a canle de televisión France 2.

Os movementos da Misa son: Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus, Benedictus e Agnus Dei.

Agradecementos: Marta Platas, Unidade Interparroquial de Ortigueira, Francisco Javier Martínez, Banda de Ortigueira, Coral de Ortigueira, Coro de Espasante, Alumnado da EMCO.

EMISIÓN EN ESTREA POR YOUTUBE (EMCO TV) O SÁBADO 27 MARZO ÁS 21H.


🌞 Suscríbete a EMCO TV: https://cutt.ly/lxvMp54

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s