A través do Programa de EMCO TV «A Batuta» daremos a coñecer o proxecto e programación musical do Mes da Música.
O Concello de Ortigueira adicará tódolos días de Xullo a difundir, apoiar e divulgar a música feita no municipio. Con esta intención nace o “Mes da Música”.
Juan Cao (Concelleiro de Cultura), xunto con Carlos Diéguez (Director da Escola Municipal de Música) presentarán a programación e cartel a través de EMCO TV en directo por Youtube, Facebook e Twitch o venres 25 de xuño ás 21h. A programación do Mes da Música inclúe tanto concertos en directo, vídeos musicais da EMCO e asociacións do municipio; así como reportaxes e entrevistas.
VENRES 25 ÁS 21H, EN DIRECTO A TRAVÉS DE EMCO TV
Youtube:
Facebook:
Twitch: