Juan Barcón non continuará na EMCO neste curso

Este vídeo é un recoñecemento dos compañeiros mestres da EMCO a Juan Barcón, polo seu traballo desenvolvido na Escola de Música Concello de Ortigueira durante 20 anos. Juan agora inicia unha nova etapa profesional fora da Escola de Música, na cal te desexamos todo o mellor!

JUAN BARCÓN PEÑA (Mestre de Gaita, Acordeón, Pandeireta, Grupo Celta e Grupo Tradicional)

Titulado Superior polo Conservatorio Superior de Música de Vigo en Instrumentos da Música Tradicional e Popular, foi mestre da EMCO dende o ano 2002 ó 2022. Formou parte de diversas agrupacións do Ortegal como Dómine Cabra ou Bágoa da Raíña, sendo hoxe coñecido a nivel galego por ser «o gaiteiro» de A Roda; un dos grupos con maior historia da música galega. Como director musical estivo ó cargo de diversas agrupacións como a Banda de Gaitas O Son do Sor, Brisas da Croa, O Castro de Vilaronte, Banda de Gaitas de Ladrido, a Asociación Cultural Airiños dos Carrís de Cerdido ou a Banda de Gaitas do Ortegal. Ten recibidos diversos premios e distincións, tanto a nivel individual (solista) como coas agrupacións que tivo ó seu cargo na Liga Galega de Bandas de Gaitas, así como a Medalla Castelao ou o Premio da Cultura Galega (con A Roda)

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s