A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) contará con dúas agrupacións estables neste curso 2022-2023. Por un lado teremos o Combo de Música Moderno e por outro o Coro co que realizaremos un Taller Vocal; animando así a calquer persoa a iniciarse no mundo da voz.
Ambas actividades son abertas e gratuitas, comezando este venres día 21. Para máis información ou inscrición dirixirse á Secretaría da EMCO ou o tel. 981402432.
