Xurxo Iglesias interpreta a obra de J.S Bach, Gigue BMW 1007, tocando a mandolina. Un proxecto realizado en paralelo ó álbum ALPHA . ¡Un traballo impecable que esperamos que disfrutedes!
Suscríbete á canle de YouTube de Xurxo: https://www.youtube.com/channel/UCEOgxwzSTJn1N3iqSgka1Bg
Sobre Xurxo Iglesias
O músico pontés Xurxo Iglesias comenza a súa andaina musical en diversas agrupacións locais como a rondalla Vila de As Pontes ou o grupo folk Muxarega. Posteriormente desprázase á Coruña para estudiar no Conservatorio Superior de Música de A Coruña o Título Superior de Guitarra obtendo as máximas calificacións. Compreta os seus estudios musicais cos títulos de Máster en interpretación musical (Real Conservatorio de Madrid-Centro Superior Katarina Gurska) da man do maestro Pedro Mateo, ademáis do Máster en investigación musical na Universidade Internacional de Valencia (VIU). Ademaís da carreira como guitarrista, realiza estudios de composición no Conservatorio Superior de A Coruña. Paralelamente aos estudios musicais, formou parte durante 20 anos do grupo de Susana Seivane, gravando e arranxando os seguintes discos: Alma de buxo (2001), Mares de tempo (2004), Os soños que volven (2009) e Fa (2017) ademáis de actuar nos festivais máis importantes do mundo como Chicago folk festival (EEUU), Celtic Connections (Escocia), Interceltic de Lorient (Francia) en 3 ocasións) e países como Arxentina, Uruguay, Alemania, Países Baixos, Suiza, Italia, Francia, Bélxica, Portugal, Iralnda, Marrocos, etc. Como músico en solitario, gravou o seu primeiro disco Alpha (2019) con composición e arranxos propios e colaboracións de músicos como Rodrigo Romaní, Germán Díaz ou Pepe Vaamonde. Forma parte así mesmo do dúo “Luz e Norte” con Andrea Gutiérrez interpretando repertorio do periodo Romántico con instrumentos históricos. Actualmente exerce como director da Coral Endesa de As Pontes e a Rondalla Vila de As Pontes. É tamén o profesor de corda da Escola de Música de Ortigueira.