Estratexias para Asociacións Culturais do Ortegal

Extracto da webinar sobre A MÚSICA NO ORTEGAL: PROXECTOS PARA UNHA NOVA REALIDADE (Xestión Cultural)

A través dunha webinar online organizada pola Escola de Música Concello de Ortigueira e dirixida ós músicos e asociacións culturais do Ortegal, trataranse os motivos que impulsan unha transformación do modelo cultural en tempos de post-pandemia: unha nova realidade.

WEBINAR:

Duración: 90 minutos

Poñente: Carlos Diéguez, director da Escola de Música Concello de Ortigueira. É Máster Universitario en Xestión Cultural (UOC), Titulado Superior en Trombón (COSMAC) e Licentiate in Music Direction (ABRSM). Nas redes sociais e Youtube conta con máis de 65.000 seguidores.

A quen vai dirixido:

É un webinar aberto e gratuito, dirixido especialmente a músicos e directivos das asociacións (especialmente musicais) do Ortegal.

Contidos:

A través de diversas referencias de análise, tanto históricas como actuais, abordaranse cuestións de xestión cultural tanto organizativas, planificación, proxectos ou construcción de novas audiencias. Feedback: No directo poderase interactuar co poñente a través de preguntas que se deixarán nos comentarios de cada plataforma.

POST-WEBINAR:

Para os músicos e asociacións culturais de Ortigueira proponse, optativamente, a posibilidade de realizar nas semanas seguintes ó webinar consultorías sobre xestión cultural e creación de proxectos artísticos co poñente da webinar. Ademáis pódense traballar estratexias comúns e de cooperación entre a EMCO e diversas asociacións.

Para solicitar gratuitamente unha consultoría débese comunicar ó email: escolademusica@concellodeortigueira.com

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s