A ESCOLA DE MÚSICA OFRECE UNHA PROGRAMACIÓN DE TV ONLINE ESPECIAL

A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) é unha institución educativa pero tamén social e cultural, adscrita dende o seu inicio á Concellería de Cultura. Entre os seus obxectivos destacan a divulgación cultural no municipio, a recuperación do patrimonio musical ortegano e a estimulación e fortalecemento do tecido asociativo local. Durante esta crise sanitaria deseñouse un plan estratéxico “dixital”: social, participativo e de proximidade con toda a cidadanía.

A través da súa TV escolar (EMCO TV) emitirase este verán unha programación especial, cun programa en directo semanal no que se inclúen entrevistas e actuacións musicais. Os programas poden verse en directo dende as Canles de Youtube e Facebook da Escola de Música.

PARRILLA DE PROGRAMACIÓN:

28 XULLO (22h. Youtube/Facebook) SAÍDA DE BANDAS DE ORTIGUEIRA 2020 (Online), ca participación das bandas locais.

29 XULLO (22h. Youtube/Facebook) I CERTAME DE BANDAS DE ORTIGUEIRA (1997). Proxecto de recuperación patrimonial, cun filme inédito gravado no antigo pavillón municipal co concerto das bandas participantes no certame.

4 AGOSTO (22h. Youtube/Facebook) ORTIGUEIRA CANTA, programa dedicado ós coros, corais e voces líricas do concello.

11 AGOSTO (22h. Youtube/Facebook) MUSIQUEANDO POR ORTIGUEIRA (1ª parte), coa participación de personalidades e agrupacións musicais que visitaron e actuaron en Ortigueira nos últimos anos.

18 AGOSTO (22h. Youtube/Facebook) ORTIGUEIRA É MÚSICA, coa participación de grupos de diverso estilo que ó igual que as bandas e coros forman parte do tecido cultural e musical de Ortigueira.

25 AGOSTO (22h. Youtube/Facebook) MUSIQUEANDO POR ORTIGUEIRA (2ª parte), coa participación de personalidades e agrupacións musicais que visitaron e actuaron en Ortigueira nos últimos anos.

Ligazóns:

CANLE DE YOUTUBE DE EMCO TV: CLICK AQUI PARA SUSCRIBIRSE A EMCO TV

CANLE DE FACEBOOK: https://www.facebook.com/escolademusicadeortigueira

promo ortigueira é música

 

#Ortigueira #concellodeortigueira #ortegal

Escola de Verán: Campamento e Curso de Iniciación Musical!

 CAMPAMENTO MUSICAL DE VERÁN ONLINE

cartel escuela de musica de verano Ortigueira 2020Se o teu fillo/a ten entre 3 a 12 anos e resides no municipio de Ortigueira ofrecémoste este Campamento Musical Online de verán. Non é necesario ter coñecementos previos de música e o seu formato non é teórico senón lúdico.

Datas: Do 15 de xullo ó 7 de Agosto

Inscrición: Gratuita. A través do formulario. Prazas limitadas. https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA   

Que necesito?: Ter conexión a internet nun teléfono/PC con cámara, poder descargar e imprimir os materiais que se envíen así como usar ou mercar material escolar básico como cartolinas, lapis de cores…

Horarios: Como actividade de conciliación familiar o horario é flexible. A maioría do tempo elíxelo ti e aparte en común co grupo será fixada polo profesor. Este horario grupal usarémolo para realizar videoconferencias entre o alumnado e o profesor.

Sobre o Campamento:

ESTE VERÁN, APRENDE CA EMCO

  • Un programa formativo completo, divertido e repleto de actividades
  • Descubrirán novos instrumentos, as súas características e a súa
  • Aprenderán percusión corporal para potenciar a súa expresión corporal e mellorar as súas habilidades rítmicas.
  • Realizarán actividades de teatro musical en grupo, ideal para deixar voar a súa imaxinación e mellorar a súa interacción social e de confianza.
  • Aprenderán cancións musicais da Banda de Papel.
  • Faremos unha adaptación personalizada para os nenos/as que xa teñen coñecementos previos musicais.
  • Fabricarán os seus propios instrumentos musicais con material reciclado, obtendo unha percepción do bo uso dos materiais e o respecto ao medio ambiente.
  • O profesor enviará fichas, actividades e vídeos para facelos na casa no horario que mellor se adapte a ti. Faremos conexións semanais por videoconferencia nun horario fixado para interactuar entre todo o grupo.

VAN A PASALO XENIAL!

Un verán divertido, diferente… e totalmente seguro

  • Unha experiencia chea de diversión e aprendizaxe.
  • Estarán na contorna máis segura neste momento para aprender, o seu fogar.
  • Pasarán días entretidos, realizando actividades e interactuando con outros nenos e nenas.
  • Farán novos amigos mentres aprenden habilidades musicais e motoras.
  • Sentiranse máis felices e equilibrados grazas a unha rutina formativa.
  • Coa formación musical, gañarán seguridade, confianza, autoestima e novas habilidades cognitivas.

UN CAMPAMENTO A TÚA MEDIDA

  • Un campamento ideal para os máis peques se teñen entre 3 e 12 anos.
  • Poden realizar o campamento nun horario flexible con tempos libres e tempos fixados de conexión dixital
  • Teñen conexión a Internet e un dispositivo para seguir as clases (como unha tablet ou un computador).

INSCRÍBETE AQUÍ: https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA

Contacta con nós para calqueira dúbida:   escolademusica@concellodeortigueira.com

 

CURSO DE INICIACIÓN MUSICAL ONLINE

Dende a Escola de Música organizamos a segunda edición do Curso de Iniciación Musical Online, despois do éxito da primeira edición no período de coarentena, para todas as persoas que sempre dixestes “gustaríame estudiar música pero non teño tempo”. O curso está orientado tamén para todos os compoñentes das agrupacións musicais do municipio que queiran profundizar os seus coñecementos musicais.

O profesor do curso será Carlos Diéguez (Mestre de linguaxe musical da EMCO).

Curso Gratuito. Requisitos:

1. Para xente do municipio ou que resida nel neste período de verán.

2. Ter conexión a Internet

3. Ser maior de Idade

4. Comprometerse a aproveitar o curso (prazas limitadas)

Funcionamento. Contido do Curso:

Unha vez feita a inscrición online, a EMCO comunicaralle por email a aceptación ou non ó curso. As actividades faranse dende a páxina web da escola, a través dun contrasinal proporcionado. Asimesmo enviaranse exercicios vía email e correccións entre o alumnado e o profesor. A través dun horario fixado de videoconferencia farase semanalmente unha clase/titoría co profesor.

Prazas: 30 (por orde de inscrición)

Duración do Curso:

Dende o 15 de xullo ó 7 de agosto. Unha vez finalizado o mesmo terás acceso ó contido durante todo o mes de agosto para repasar ou avanzar ó teu ritmo.

INSCRÍBETE AQUÍ: https://forms.gle/rapxRLGGkpocppiSA

Contacta con nós para calqueira dúbida:   escolademusica@concellodeortigueira.com

cartel escuela de musica de verano Ortigueira 2020

A Metodoloxía da EMCO darase a coñecer en PERÚ

webinar. emco.perubandas

A través de Facebook Live (Sábado 13, 22h España): https://www.facebook.com/perubandas/ 

Ca pandemia internacional da Covid-19 e a transformación do modelo educativo (de presencial a telemático) creou un paradigma inédito e complexo.

No Perú, cunha alerta sanitaria de longa duración e ca previsión de volver ás clases presenciais para o a no 2021 (marzo?) os docentes tratan de buscar e crear modelos dixitais para continuar cas clases telemáticas. Neste país latinoamericano as Escolas de Música están integradas nos colexios (8 ós 16 anos). Aínda que é unha actividade extracurricular, conta cada institución cun profesor de música que imparte as ensinanzas instrumentais e dirixe as bandas e coros escolares.

O modelo metodolóxico de Ortigueira como referencia internacional

A creatividade e posta en marcha de iniciativas pedagóxicas foron unha constante entre o profesorado que formou parte da Escola de Música durante os seus 20 anos de vida.

A través de colaboracións institucionais, participación en seminarios, concursos de xóvenes intérpretes, masterclass con mestres convidados, concursos iberoamericanos de composición, encontros musicais de verán, Canle de TV escolar, intercambios musicais ou a divulgación e edición das metodoloxías creadas… a EMCO obtivo con merecemento un recoñecemento ó seu traballo desenvolvido, a pesar de ser unha escola de música de formato pequeno.

13 de xuño (22h. España), webinar internacional en Facebook Live

Este sábado 13 de xuño, ás 22h españolas a través de Facebook Live https://www.facebook.com/perubandas/ o director da Escola de Música Concello de Ortigueira dará a coñecer para os mestres peruanos os proxectos desarrollados na Escola de Música:

A Banda de Papel

Baixo a idea orixinal da “Orquesta de Papel” e coa colaboración da Fundación Simón Bolívar de Venezuela (Premio Príncipe de Asturias de las Artes 2012), os mestres Graciela López, Rubén Montero e Alejandro Vázquez crearon esta agrupación para os nenos e nenas de Música e Movemento. Esta agrupación foi pioneira en España, existindo só referentes da “Banda de Papel” en Colombia.

Bandeando

O equipo formado polos mestres da EMCO (Carlos Diéguez, Alejandro Vázquez e Vicente Rey), xunto cos mestres Norman Milanés e Jesús Ignacio Perazzo, crearon o primeiro método iberoamericano para bandas infantiles e xuveniles. Escrito en español e portugués, inclúe repertorio galego.

Solfeando

A metodoloxía para ensinanza da Linguaxe Musical de Carlos Diéguez (Director da EMCO) vai máis alá de ser un libro físico. Neste tempo de ensinanza telemática foi un descubremento para moitos docentes, contando na súa canle educativa de Youtube con máis de 26.000 suscriptores.

Presentación de Bandeando (Vilalba. Xira Galega en 2013 da EMCO)

bandeando. vilalba

Entrevista ós autores de Bandeando (Xira de presentacións na Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia)