ORTIGUEIRA É MÚSICA (Xogo de preguntas sobre a nosa cultura)

Este xogo de Kahoot é similar ó funcionamento dun Trivial. Con 25 preguntas deberás elixir a resposta correcta entre as catro propostas, ou entre verdadeiro/falso.

Normas:

1º) Fai click na ligazón: https://cutt.ly/AyP9X5a

2º) Onde pon Nickname… escribe o teu nome e primeiro apelido ou un alcume identificativo.

3º) O prazo para participar estará aberto ata cubrirse os cen primeiros participantes ou na data máxima do 7 de xuño.

4º) O/A  gañador/a darase a coñecer ó termino do concurso. Recibirá de agasallo un lote de libros e CD da Escola de Música Concello de Ortigueira.

Dende a EMCO queremos  achegar, dar a coñecer e divulgar o noso patrimonio musical ortegano dunha maneira lúdica e a través da gamificación.

Quen acertará máis preguntas?

kahoot cultural de Ortigueira

Concerto das Letras Galegas 2020 | EMCO

Este ano celebraremos as nosas Letras Galegas, dunha maneira diferente debidas ás circunstancias. 

Tal e como expresamos na estrea do vídeo de Happy ( Fai CLICK AQUÍ ), vivimos nun «distanciamento físico» pero non social, porque a música e a nosa lingua acercan ás persoas: fan pobo!

É por elo, que vos convidamos este domingo ás 20h. a ver o Concerto-Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través da nosa canle de Facebook. Será unha homenaxe coa selección musical de pezas de anteriores concertos conmemorativos das Letras Galegas.

Suscríbete e Síguenos en Facebook: https://www.facebook.com/escolademusicadeortigueira/

Ligazón ó Vídeo: CONCERTO-HOMENAXE (CLICK AQUÍ)

letras galegas 2020. emco

A EMCO estrea «HAPPY» na súa canle de Youtube!

Ortigueira é Música!

Así o ven demostrando a Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) neste confinamento, con novas propostas semanais para toda a cidadanía.

A Escola Municipal cumprirá no mes de outubro vinte anos de vida. Un longo tempo no que esta institución leva formando a centos de músicos con diferentes inquedanzas musicais e nutrindo de novos valores ás asociacións culturais do noso municipio.

“Happy” de Pharrell Williams interpretada polo alumnado e mestres da EMCO, representa unha canción de felicidade porque Ortigueira é unha terra máxica. Nós non vivimos nun “distanciamento social” (relacionámonos a través da música) senón nun “distanciamento físico” (que non nos impide tocar xuntos).

Para a produción deste vídeo participaron corenta músicos (entre alumnado e mestres). Cada un gravou dende a súa casa a súa parte instrumental e despois procedeuse a unha montaxe en conxunto deste emotivo vídeo.

A estrea de HAPPY (versión COVID-19) será este venres 15 de maio ás 22h. pola Canle de Youtube da Escola de Música de Ortigueira.

Todos os espectadores verán á vez a estrea do vídeo e poderán chatear entre si a tempo real mentres o visualizan. Unha mostra máis de que na EMCO hai “distanciamento físico”, pero non social porque a música une ás persoas!