Estratexias para Asociacións Culturais do Ortegal

Extracto da webinar sobre A MÚSICA NO ORTEGAL: PROXECTOS PARA UNHA NOVA REALIDADE (Xestión Cultural)

A través dunha webinar online organizada pola Escola de Música Concello de Ortigueira e dirixida ós músicos e asociacións culturais do Ortegal, trataranse os motivos que impulsan unha transformación do modelo cultural en tempos de post-pandemia: unha nova realidade.

WEBINAR:

Duración: 90 minutos

Poñente: Carlos Diéguez, director da Escola de Música Concello de Ortigueira. É Máster Universitario en Xestión Cultural (UOC), Titulado Superior en Trombón (COSMAC) e Licentiate in Music Direction (ABRSM). Nas redes sociais e Youtube conta con máis de 65.000 seguidores.

A quen vai dirixido:

É un webinar aberto e gratuito, dirixido especialmente a músicos e directivos das asociacións (especialmente musicais) do Ortegal.

Contidos:

A través de diversas referencias de análise, tanto históricas como actuais, abordaranse cuestións de xestión cultural tanto organizativas, planificación, proxectos ou construcción de novas audiencias. Feedback: No directo poderase interactuar co poñente a través de preguntas que se deixarán nos comentarios de cada plataforma.

POST-WEBINAR:

Para os músicos e asociacións culturais de Ortigueira proponse, optativamente, a posibilidade de realizar nas semanas seguintes ó webinar consultorías sobre xestión cultural e creación de proxectos artísticos co poñente da webinar. Ademáis pódense traballar estratexias comúns e de cooperación entre a EMCO e diversas asociacións.

Para solicitar gratuitamente unha consultoría débese comunicar ó email: escolademusica@concellodeortigueira.com

Paseo Musical: O Ponto e Campo da Torre

(GL)

O barrio do Ponto comeza na praza Isabel II e exténdese cara a parte alta da vila. Este é o lugar no que residiron os primeiros habitantes da vila de Santa Marta, que naceu alá polo século XIII. Mostra diso son as rúas estreitas e irregulares que o forman, igual que a mayoría das súas vivendas. Percorréndoo atoparemos a Praciña dos Anxos, onde se situaba a antiga Casa do Concello, a alameda do Ponto ou Cemiterio Vello, onde estaba a igrexa parroquial, o Hospital de San Roque, antigo hospital de pobres e de peregrinos que actualmente acolle o local de ensaio da Escola de Gaitas de Ortigueira, e o Cemiterio Novo, construido a finais do século XIX por suscrición popular, principalmente dos indianos como mostran algúns dos mausoleos. O Barrio do Ponto culmina, na parte máis alta, co muíño de vento do Campo da Torre, construido en 1888. Este emprazamento ocupa o lugar da antiga torre medieval e dun poboado castrexo da idade de ferro. As vistas da vila e de parte da ría de Ortigueira fan deste lugar un punto de visita obrigada para veciños e turistas.

Texto: Turismo de Ortigueira. Música: Muiñeira de Valdeferreiros (Grupo Celta da EMCO)

 (ES)

El barrio del Ponto comienza en la plaza Isabel II y se extiende hacia parte alta de la villa. Este es el lugar en el que residieron los primeros habitantes de la villa de Santa Marta, que nació allá por el siglo XIII. Muestra de eso son las calles estrechas e irregulares que lo forman, igual que la mayoría de sus viviendas. Recorriéndolo encontraremos la Plaza de los Ángeles, donde se situaba la antigua Casa del Ayuntamiento, la alameda del Ponto y el Cementerio Viejo, donde estaba la iglesia parroquial, el Hospital de San Roque, antiguo hospital de pobres y de peregrinos que actualmente acoge el local de ensayo de la Escuela de Gaitas de Ortigueira, y el Cementerio Nuevo, construido la finales del siglo XIX por suscrición popular, principalmente de los indianos como muestran algunos de los mausoleos. El Barrio del Ponto culmina, en la parte más alta, con el molino de viento del Campo de la Torre, construido en 1888. Este emplazamiento ocupa el lugar de la antigua torre medieval y de un poblado castreño de la edad de hierro. Las vistas de la villa y de parte de la ría de Ortigueira hacen de este lugar un punto de visita obligada para vecinos y turistas. Texto: Turismo de Ortigueira. Música: Muiñeira de Valdeferreiros (Grupo Celta de la EMCO)