+11.100 espectadores! Valoración do Mes da Música

11100 ESPECTADORES MES DA MUSICA. GRAFICO

O Concello de Ortigueira adicou tódolos días de Xullo a difundir, apoiar e divulgar a música feita no municipio. Con esta intención naceu o “Mes da Música”.

A programación do Mes da Música incluía tanto concertos en directo, vídeos musicais da EMCO e asociacións do municipio; así como reportaxes e entrevistas.

O alcance da programación, tanto online como presencialmente, superou os 11.100 espectadores.

Cunha producción propia realizada dende a Escola de Música de Ortigueira e ca participación das Asociacións Musicais do Municipio, superáronse todas as expectativas o alcanzar na Canle de Youtube máis de 10.500 vistas de España e Latinoamérica.

Os eventos en directo realizáronse seguindo tódolos protocolos de control e aforos, con limitación de acceso para asistir ós concertos da Escola de Gaitas, Banda de Ortigueira ou a función de Circo. A programación incluíu ademáis un pasarrúas das bandas locais no tradicional día da Saída de Bandas.

Para valorar o proxecto no seu conxunto, dende a EMCO lánzase unha enquisa co propósito de coñecer máis ó público e poder repetir esta experiencia musical en Ortigueira.

DÉIXANOS A TÚA VALORACIÓN (Cuestionario): https://forms.gle/f51MhKfPeiCKwy2k7

 A programación do MES DA MÚSICA pódese ver en internet na Canle de Youtube EMCO TV, polo que o número de espectadores poderá seguir aumentando.

Ligazón da Programación: https://cutt.ly/vQkElZB