O SON DOS VALORES: Libro do Profesorado da EMCO

PORTADA LIBRO EMCOO profesorado da Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO), acaba de publicar baixo o sello de Amazon, un libro adicado a todo o alumnado da Escola de Música.

O Son dos Valores son un conxunto de relatos breves sobre a importancia da música en Ortigueira, e como os valores que se aprenden na escola de música poden ser aplicados na vida cotiá. As aventuras céntranse nun grupo de estudantes que descobren a súa paixón pola música e deciden estudar na EMCO. A través das súas experiencias na escola, aprenden non só habilidades musicais, senón tamén valores como o traballo en equipo, a perseveranza, a disciplina e a empatía.

Os relatos están ambientados na Escola de Música con personaxes imaxinarios, pero inspirados nas experiencias reais de estudantes e profesores. A música é unha linguaxe universal que pode unir ás persoas de diferentes culturas e antecedentes, e estas historias celebran esa diversidade cultural.

Editado e producido polo profesorado, será o agasallo que recibirá o alumnado que toque nas vindeiras actuacións de primavera.

O libro pódese atopar na plataforma, gratuitamente en versión kindle, e tamén en formato papel.

A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira

Presentación editorial en EMCO TV

SÁBADO 13 DE FEBREIRO, ÁS 20h na Canle de Youtube da Escola de Música.

A Banda Garrote: música e músicos en Ortigueira

Xabier Garrote Cobelo recolle nesta obra os resultados dun monumental traballo de clasificación e estudo historiográfico dos materiais documentais conservados no Arquivo Musical da Banda Garrote de Ortigueira, con particular énfase no papel histórico da Banda Garrote e no rol que nesta comarca exerceron tres músicos dunha saga familiar incuestionablemente vencellada á historia musical de Galicia: José María, Manuel e Andrés Garrote.

O ensaio complétase con documentadas referencias a moitos dos músicos responsables de trazar a historia das bandas de música en Ortigueira, cun amplo aparato documental e con dúas notables contribucións, dos estudosos Xosé Carlos Breixo e Alejo Amoedo, que constitúen unha mostra das moitas liñas de investigación que este traballo abre.

PARA MERCA-LO LIBRO: https://www.dosacordes.es/web/producto/a-banda-garrote-musica-e-musicos-en-ortigueira/

cubierta GARROTE

Antón Corral, a alborada do soño

241

A Editorial Canela acaba de publicar este libro sobre Antón Corral; onde Ortigueira cobra gran importancia.

Publicado como tomo extra dentro da colección «Tradición oral-música», Antón Corral. A alborada dun soño é un relato biográfico que dá conta da traxectoria vital e profesional dun personaxe verdadeiramente significativo para a cultura musical tradicional galega.

O libro describe dende un punto de vista profundamente humano as etapas da súa vida partindo, dende o mesmo nacemento, pasando pola infancia, a etapa de xuventude e facendo un estudo exhaustivo do percorrido profesional, tanto do Antón músico como do Antón artesán e divulgador, ata a actualidade.

Durante o desenvolvemento de cada un dos capítulos nos que está estruturado o relato vaise deixando transpirar un sentimento latexante que semella poder apalparse, no decorrer das súas páxinas, e acada o clímax no colofón de imaxes fotográficas de Vicente Ansola.

Como complemento, a obra leva dous CD de agasallo cos 26 temas gravados en Lisboa o ano 1987 polo grupo didáctico da Universidade Popular de Vigo, que formaban parte do álbum Instrumentos musicais populares galegos, ademais dunha versión inédita e orixinal para septimino de gaitas gardada por Antón Corral no seu arquivo.

INSTRUMENTOS MUSICAIS POPULARES GALEGOS (pdf)

PARA MERCA-LO LIBRO: CLICK AQUI

corral-2corral