Ortigueira a ritmo de… Habanera!

 

Casas indianas no municipio. (Texto por Turismo Ortigueira)

ESP

En las tres primeras décadas del s. XX los emigrantes gallegos fueron protagonistas principales y motores de una renovación constructiva, tanto en el aspecto de los materiales como en los estilos artísticos y ornamentales.

El gallego cubano buscaba establecerse de nuevo en su tierra y para ello optaba, bien por construir una casa acorde con su nivel de vida, o bien por reparar la vivienda heredada de sus padres, ampliándola y mejorándola.

La arquitectura Indiana conlleva una preocupación por mejorar y embellecer el entorno social y traslada los estilos urbanos al medio rural.

Si bien este estilo arquitectónico se localiza en toda Galicia, Ortigueira es uno de los ayuntamientos en los que se extiende con mayor densidad, contando con un inventario de veinte viviendas y otros tantos escolares.

El Cantón reúne varios ejemplos de estas viviendas, construidas a finales del s. XIX y principios del XX. Casi todas ellas fueron residencia de la sociedad ortegana de la época, tanto de la que emigró para hacer fortuna, como de la burguesía local, y constituyeron el centro cultural y comercial de la villa.

Sus fachadas combinan modernismo, eclecticismo y estilo indiano.

 

GAL

 

Nas tres primeiras décadas do s. XX os emigrantes galegos foron protagonistas principais e motores dunha renovación construtiva, tanto no aspecto dos materiais como nos estilos artísticos e ornamentais.

O galego cubano buscaba establecerse de novo na súa terra e para iso optaba, ben por construír unha casa acorde co seu nivel de vida, ou ben por reparar a vivenda herdada dos seus pais, ampliándoa e mellorándoa.

A arquitectura Indiana supón unha preocupación por mellorar e embelecer a contorna social e traslada os estilos urbanos ao medio rural.

Aínda que este estilo arquitectónico localízase en toda Galicia, Ortigueira é un dos concellos nos que se estende con maior densidade, contando cun inventario de vinte vivendas e outros tantos escolares.

O Cantón reúne varios exemplos destas vivendas, construídas a finais do s. XIX e principios do XX. Case todas elas foron residencia da sociedade ortegana da época, tanto da que emigrou para facer fortuna, como da burguesía local, e constituíron o centro cultural e comercial da vila.

As súas fachadas combinan modernismo, eclecticismo e estilo indiano.

🎼 A Música «Made In Ortigueira» triunfa en YouTube | EMCO TV

• Desde o mes de xullo pasaron pola canle da EMCO máis de 69.000 espectadores de 87 países de todo o mundo

• Ao longo do mes de agosto ofrecéronse en liña máis de 30 concertos da Escola de Música e diferentes asociacións locais

O Concello de Ortigueira celebra o gran éxito sen precedentes que cultivou o ‘Mes dá Música’ na canle oficial de Youtube da Escola de Música de Ortigueira (EMCO).

Pola plataforma da escola pasaron máis de 69.000 espectadores de 87 países de todo o mundo, xerando máis de 800 subscritores novos na canle. O tempo total de visualizacións neste período de tempo supera as 1.200 horas de reprodución.

Durante os meses estivais esta canle de Youtube converteuse no principal medio da plataforma no Ortegal, sendo o sitio web con máis espectadores. No final do mes de xullo e todo o mes de agosto subíronse ao canle vídeos da Saída de bandas, actuacións da Escola de Música, actuacións da Banda Sinfónica de Galicia, Abraham Cupeiro e diferentes asociacións musicais de ámbito local.

O concelleiro de Cultura, Juan Cao, festexa “a gran acollida deste programa ao longo do verán e tamén, desde o equipo de goberno, queremos dar as grazas tanto ao alumnado como aos profesores da Escola de Música, así como aos compoñentes e directivos das asociacións musicais participantes, polo excelente traballo que se traduciu neste éxito sen precedentes”.

“Tamén queremos darlle as grazas a todos e cada uns dous espectadores que sintonizaron cada día a canle de Youtube, xa que con ese simple xesto están amosando ou seu apoio á música local e a enriquecer a cultura na comarca do Ortegal” concluíu o edil.