Xurxo Iglesias (Mandolina) | J.S. Bach: BWV 1007 – Gigue

Xurxo Iglesias interpreta a obra de J.S Bach, Gigue BMW 1007, tocando a mandolina. Un proxecto realizado en paralelo ó álbum ALPHA . ¡Un traballo impecable que esperamos que disfrutedes!

Suscríbete á canle de YouTube de Xurxo: https://www.youtube.com/channel/UCEOgxwzSTJn1N3iqSgka1Bg

Sobre Xurxo Iglesias

O músico pontés Xurxo Iglesias comenza a súa andaina musical en diversas agrupacións locais como a rondalla Vila de As Pontes ou o grupo folk Muxarega. Posteriormente desprázase á Coruña para estudiar no Conservatorio Superior de Música de A Coruña o Título Superior de Guitarra obtendo as máximas calificacións. Compreta os seus estudios musicais cos títulos de Máster en interpretación musical (Real Conservatorio de Madrid-Centro Superior Katarina Gurska) da man do maestro Pedro Mateo, ademáis do Máster en investigación musical na Universidade Internacional de Valencia (VIU). Ademaís da carreira como guitarrista, realiza estudios de composición no Conservatorio Superior de A Coruña. Paralelamente aos estudios musicais, formou parte durante 20 anos do grupo de Susana Seivane, gravando e arranxando os seguintes discos: Alma de buxo (2001), Mares de tempo (2004), Os soños que volven (2009) e Fa (2017) ademáis de actuar nos festivais máis importantes do mundo como Chicago folk festival (EEUU), Celtic Connections (Escocia), Interceltic de Lorient (Francia) en 3 ocasións) e países como Arxentina, Uruguay, Alemania, Países Baixos, Suiza, Italia, Francia, Bélxica, Portugal, Iralnda, Marrocos, etc. Como músico en solitario, gravou o seu primeiro disco Alpha (2019) con composición e arranxos propios e colaboracións de músicos como Rodrigo Romaní, Germán Díaz ou Pepe Vaamonde. Forma parte así mesmo do dúo “Luz e Norte” con Andrea Gutiérrez interpretando repertorio do periodo Romántico con instrumentos históricos. Actualmente exerce como director da Coral Endesa de As Pontes e a Rondalla Vila de As Pontes. É tamén o profesor de corda da Escola de Música de Ortigueira.

LUNS 15 DE MARZO: Volta das CLASES PRESENCIAIS de Vento e Canto.

Hoxe mércores 10 de marzo, vense de modificar no DOG a medida que levaba impartir clases online en vento e canto en escolas e centros de música oficiais.

A partir do vindeiro Luns 15 de marzo todas as clases de instrumento/voz da Escola de Música de Ortigueira volverán a ser presenciais. No referente ás agrupacións da EMCO informarémosvos nos vindeiros días cales retomarán a súa actividade o día 26 de marzo (debido a que o venres 19 de marzo é festivo).

WhatsApp Image 2021-03-10 at 20.01.37

SUPRÍMESE O SEGUINTE PUNTO DO DOGA 25 FEBREIRO:

WhatsApp Image 2021-03-10 at 20.01.41