Prazo aberto de MATRICULAS na Escola de Música de Ortigueira
A Escola de Música Concello de Ortigueira (EMCO) abre prazo de nova matricula para poder cursar estudos musicais no curso 2020-2021.
O prazo de nova matricula está aberto entre o 15 ó 18 de setembro. Poderá facerse por dúas vías: tanto telemática a través da web como presencial na escola de música en horario de 16h a 20h.
Podes consultar as prazas dispoñibles:
NOVIDADES do CURSO 2020-2021
A Escola de Música oferta 140 prazas divididas en 10 módulos e 22 especialidades instrumentais.
A través do protocolo “PLAN de ADAPTACIÓN á situación COVID 19 no curso 2020-2021″ a Escola de Música proponse ser un lugar de ensino musical seguro e agradable. Entre cada clase haberá un espazo de 15 min. para ventilación e desinfección da mesma. O Concello adquiriu mamparas, purificador de aire con filtro hepa, hidroxeles, máscaras e material hixiénico vario para dotar ó centro das maiores garantías.
A EMCO ofrecerá por primeira vez na súa oferta educativa dúas posibilidades de matrícula nas clases: ensinanza presencial (instrumento + linguaxe musical + agrupacións) ou semipresencial, na que linguaxe musical impártese telemáticamente. Con esta posibilidade de matriculación semipresencial, pensada nos maiores de 16 anos, preténdese dar a posibilidade de estudiar na EMCO ás persoas que por temas laborais/familiares non dan compaxinado cos horarios da Escola, e por outra parte ofrecer estas clases online a todas as personas que non se sintan cómodas en clases de grupos debido á Covid.
Despois do éxito acadado pola súa canle EMCO TV (en Youtube e Facebook) a Escola de Música mostrará o seu traballo a través desta plataforma, tanto concertos, directos, entrevistas…
A Escola de Música Concello de Ortigueira é a única escola de música pública oficial recoñecida pola Xunta de Galicia de Ferrol Terra e Comarca de Ortegal.
ESMU ORTIGUEIRA (Xunta de Galicia)
MATRICULATE FACENDO CLICK AQUI
Este ano, debida á Situación actual provocada pola Covid-19 e os Estados de Alarma, adaptámonos ás circunstancias e transformamos a tradicional Pre-matricula (de xuño) e a matricula (setembro) nun novo modelo de matriculación.
Consulta as 175 Prazas Ofertadas: FAI CLICK AQUI
Consulta os criterios de adxudicación de Prazas: CLICK AQUI
Para calqueira dúbida ou incidencia: escolademusica@concellodeortigueira.com
RENOVACIÓN DE MATRICULAS (Alumnado matriculado no 2019-2020)
Do 1 ó 15 de Xuño, está aberta a renovación de matriculas para o alumnado matriculado na EMCO durante este curso escolar. Fora deste prazo de renovación pode acceder a matricularse pero perderá a súa reserva preferente e asegurada de praza.
Dado as circunstancias é unha matricula telemática:
CLICK AQUÍ PARA MATRICULA-RENOVACIÓN
NOVAS MATRICULAS (Para novo alumnado)
Establécense dous prazos.
O primeiro é do 16 ó 30 de xuño (de forma telemática/online).
O segundo é do 1 de ó 17 de xullo (de forma online e presencial se as circunstancias así o permiten).
CLICK AQUÍ PARA MATRICULARTE- NOVAS MATRICULAS
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (TELEMÁTICAS)
Este ano, a diferenza dos anos pasados e debido a situación sanitaria existente, realizaremos unhas charlas informativas “de portas abertas” sobre a Escola de Música Concello de Ortigueira, o seu funcionamento, mostra de instrumentos e aclaración de dúbidas.
A estrutura das charlas será a seguinte:
- Información xeral sobre a Escola de Música, polo director da mesma.
- Mostra de Instrumentos, da charla seleccionada. Polo mestre/s de dita especialidade.
- Preguntas e finalización da reunión.
Falamos de “charlas” porque serán varios días para evitar unha charla excesivamente longa e aburrida. O segundo punto da estrutura das charlas (“Mostra de Instrumentos”) será o único que cambie cada un dos días, de xeito que cada día amosarase unha serie de familias instrumentais diferentes.
O procedemento será a través dunha aplicación de fácil uso por videochamada (gratuita e sen necesidade de rexistro)
Para acceder as charlas, recoméndase anotarse antes do día 8 de xuño a través do seguinte formulario.
As datas e horarios das mesmas poden ser flexibles, dependendo da demanda. Toda a información e acceso á plataforma darase a coñecer privadamente a través de email do/a solicitante.
FORMULARIO DE SOLICITUDE ACCESO ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (CLICK)