Paseo musical polo Porto e Xardíns Julio Dávila

 

Porto de Ortigueira e Xardíns Julio Dávila (por Turismo Ortigueira)

 

ESP

El puerto deportivo de Ortigueira es uno de los mayores atractivos del paseo marítimo que rodea la villa. Situado en el interior de la ría, cuenta con 130 plazas de amarre para embarcaciones. Fruto de su última remodelación, surgió una pequeña playa urbana cercana a los Jardines de Julio Dávila.

Este espacio verde, conocido hasta hace poco como jardines del Malecón, fue diseñado a finales del s. XIX por el geógrafo, historiador, filólogo e investigador, Julio Dávila, y tomó forma a lo largo de los años 30 del s. XX gracias a fondos municipales y diversas donaciones. Después de una profunda remodelación a principios de este siglo y de sufrir los azotes del temporal Klaus, hoy en día podemos encontrar especies como: Abeto de Douglas, Cedro del Himalaya, Magnolio común, Cedro del Atlas, Ciprés de Monterrey y Araucaria.

El 26 de agosto de 2021, coincidiendo con el 150 aniversario de la muerte y 50 del nacimiento de Julio Dávila, los jardines del Malecón cambiaron su denominación por la de Jardines Julio Dávila, en honor al ilustre y polifacético personaje que los diseñó.

GAL

O porto deportivo de Ortigueira é un dos maiores atractivos do paseo marítimo que rodea a vila. Situado no interior da ría, conta con 130 prazas de amarre para embarcacións. Froito da súa última remodelación, xurdiu unha pequena praia urbana próxima aos Xardíns de Julio Dávila.

Este espazo verde, coñecido ata hai pouco como xardíns do Malecón, foi deseñado a finais do s. XIX polo xeógrafo, historiador, filólogo e investigador, Julio Dávila, e tomou forma ao longo dos anos 30 do s. XX grazas a fondos municipais e diversas doazóns. Despois dunha profunda remodelación a principios deste século e de sufrir os azoutes do temporal Klaus, hoxe en día podemos atopar especies como: Abeto de Douglas, Cedro do Himalaya, Magnolio común, Cedro do Atlas, Ciprés de Monterrey e Araucaria.

O 26 de agosto de 2021, coincidindo co 150 aniversario da morte e 50 do nacemento de Julio Dávila, os xardíns do Malecón cambiaron a súa denominación pola de Xardíns Julio Dávila, en honra ao ilustre e polifacético personaxe que os deseñou.

 

Estratexias para Asociacións Culturais do Ortegal

Extracto da webinar sobre A MÚSICA NO ORTEGAL: PROXECTOS PARA UNHA NOVA REALIDADE (Xestión Cultural)

A través dunha webinar online organizada pola Escola de Música Concello de Ortigueira e dirixida ós músicos e asociacións culturais do Ortegal, trataranse os motivos que impulsan unha transformación do modelo cultural en tempos de post-pandemia: unha nova realidade.

WEBINAR:

Duración: 90 minutos

Poñente: Carlos Diéguez, director da Escola de Música Concello de Ortigueira. É Máster Universitario en Xestión Cultural (UOC), Titulado Superior en Trombón (COSMAC) e Licentiate in Music Direction (ABRSM). Nas redes sociais e Youtube conta con máis de 65.000 seguidores.

A quen vai dirixido:

É un webinar aberto e gratuito, dirixido especialmente a músicos e directivos das asociacións (especialmente musicais) do Ortegal.

Contidos:

A través de diversas referencias de análise, tanto históricas como actuais, abordaranse cuestións de xestión cultural tanto organizativas, planificación, proxectos ou construcción de novas audiencias. Feedback: No directo poderase interactuar co poñente a través de preguntas que se deixarán nos comentarios de cada plataforma.

POST-WEBINAR:

Para os músicos e asociacións culturais de Ortigueira proponse, optativamente, a posibilidade de realizar nas semanas seguintes ó webinar consultorías sobre xestión cultural e creación de proxectos artísticos co poñente da webinar. Ademáis pódense traballar estratexias comúns e de cooperación entre a EMCO e diversas asociacións.

Para solicitar gratuitamente unha consultoría débese comunicar ó email: escolademusica@concellodeortigueira.com

Xurxo Iglesias (Mandolina) | J.S. Bach: BWV 1007 – Gigue

Xurxo Iglesias interpreta a obra de J.S Bach, Gigue BMW 1007, tocando a mandolina. Un proxecto realizado en paralelo ó álbum ALPHA . ¡Un traballo impecable que esperamos que disfrutedes!

Suscríbete á canle de YouTube de Xurxo: https://www.youtube.com/channel/UCEOgxwzSTJn1N3iqSgka1Bg

Sobre Xurxo Iglesias

O músico pontés Xurxo Iglesias comenza a súa andaina musical en diversas agrupacións locais como a rondalla Vila de As Pontes ou o grupo folk Muxarega. Posteriormente desprázase á Coruña para estudiar no Conservatorio Superior de Música de A Coruña o Título Superior de Guitarra obtendo as máximas calificacións. Compreta os seus estudios musicais cos títulos de Máster en interpretación musical (Real Conservatorio de Madrid-Centro Superior Katarina Gurska) da man do maestro Pedro Mateo, ademáis do Máster en investigación musical na Universidade Internacional de Valencia (VIU). Ademaís da carreira como guitarrista, realiza estudios de composición no Conservatorio Superior de A Coruña. Paralelamente aos estudios musicais, formou parte durante 20 anos do grupo de Susana Seivane, gravando e arranxando os seguintes discos: Alma de buxo (2001), Mares de tempo (2004), Os soños que volven (2009) e Fa (2017) ademáis de actuar nos festivais máis importantes do mundo como Chicago folk festival (EEUU), Celtic Connections (Escocia), Interceltic de Lorient (Francia) en 3 ocasións) e países como Arxentina, Uruguay, Alemania, Países Baixos, Suiza, Italia, Francia, Bélxica, Portugal, Iralnda, Marrocos, etc. Como músico en solitario, gravou o seu primeiro disco Alpha (2019) con composición e arranxos propios e colaboracións de músicos como Rodrigo Romaní, Germán Díaz ou Pepe Vaamonde. Forma parte así mesmo do dúo “Luz e Norte” con Andrea Gutiérrez interpretando repertorio do periodo Romántico con instrumentos históricos. Actualmente exerce como director da Coral Endesa de As Pontes e a Rondalla Vila de As Pontes. É tamén o profesor de corda da Escola de Música de Ortigueira.