MES DA MÚSICA (Programación do 1 ó 7 de Agosto)

1 Agosto | BANDA SINFÓNICA DE GALICIA (En Concerto)

2 Agosto | GRUPO TRADICIONAL DA EMCO (Danza dos Faroles)

3 Agosto | BANDA DE MÚSICA DE ORTIGUEIRA (Ortigueira)

4 Agosto | CONXUNTO VOCAL DA EMCO (Mariñeiro)

5 Agosto | GRUPO DE ACORDEÓNS DA EMCO (María se Vás)

6 Agosto | COMBO DA EMCO (Peter Gunn)

7 Agosto | GRUPO TRADICIONAL DA EMCO (De Vigo a Castrelos)

SALIDA DE BANDAS (2022) en EMCO TV

«SALIDA DE BANDAS» Festas de Santa Marta de Ortigueira (2022) | DIRECTO por EMCO TV

Para poder ver o directo é recomendable estar suscrito á Canle (se non o podes visualizar é por esta cuestión). Se non podes ver a Salida de Bandas en directo non te preocupes, xa que o vídeo quedará no repositorio do «Mes da Música» e poderás visualizalo en calquer momento.

👉 PROGRAMACIÓN MES DA MÚSICA

👉 SUSCRÍBETE A EMCO TV

28 Xullo | «SALIDA DE BANDAS» (En Directo ás 12h)

Banda de Música de Ortigueira

Escola de Gaitas de Ortigueira

Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla

Banda de Gaitas de Ladrido

Banda da Escola de Música de Rianxo

Banda de Gaitas do Ortegal

MES DA MÚSICA EN ORTIGUEIRA (2022)

ACCESO DIRECTO Á PROGRAMACIÓN (CLIC AQUÍ)

O Concello de Ortigueira programa un “Mes da Música” para o próximo mes de agosto, con máis de 30 concertos a través da rede social Youtube.

As actuacións correrán a cargo da Escola de Música Concello de Ortigueira e das diferentes asociacións culturais municipais.

Entre todos estes concertos, destaca o que realizará o músico galego internacional, artista de Warner, Abraham Cupeiro, o próximo 20 de agosto. O artista, que xa gravou un disco coa Royal Philarmonic nos estudos Abbey Road, fará unha demostración de como soaban os instrumentos antigos como o carnyx celta, a través da súa composición “O anel de pedra”.

Os concertos están programados para emitirse ás 21h todos os días e poderanse ver a través da canle de Youtube da Escola de Música do Concello de Ortigueira (EMCO).

Este xoves, 28 de xullo, darán comezo as actuacións coa Saída de Bandas 2022, que se emitirá en directo a partir das 12h na canle.

Segundo apunta o Concelleiro de Cultura, Juan Cao, “este mes da Música é unha forma de complementar a programación cultural celebrada no noso municipio ao longo do verán, e tamén nos serve para darlle valor aos músicos locais, que grazas á escola de música local, fai que Ortigueira sexa un referente na zona”.

“Esperamos que esta segunda edición volva ser todo un éxito e convértase nunha plataforma de promoción para os artistas, consolidándose no catálogo de actividades culturais”.

cartel coa programacion mes musica 2022