Este ano, a diferenza dos anos pasados e debido a situación sanitaria existente, realizaremos unhas charlas informativas “de portas abertas” sobre a Escola de Música Concello de Ortigueira, o seu funcionamento, mostra de instrumentos e aclaración de dúbidas.
A estrutura das charlas será a seguinte:
- Información xeral sobre a Escola de Música, polo director da mesma.
- Mostra de Instrumentos, da charla seleccionada. Polo mestre/s de dita especialidade.
- Preguntas e finalización da reunión.
Falamos de “charlas” porque serán varios días para evitar unha charla excesivamente longa e aburrida. O segundo punto da estrutura das charlas (“Mostra de Instrumentos”) será o único que cambie cada un dos días, de xeito que cada día amosarase unha serie de familias instrumentais diferentes.
O procedemento será a través dunha aplicación de fácil uso por videochamada (gratuita e sen necesidade de rexistro)
Para acceder as charlas, recoméndase anotarse antes do día 8 de xuño a través do seguinte formulario.
As datas e horarios das mesmas poden ser flexibles, dependendo da demanda. Toda a información e acceso á plataforma darase a coñecer privadamente a través de email do/a solicitante.
FORMULARIO DE SOLICITUDE ACCESO ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (CLICK)