Ortigueira Música

Matrícula Curso 2025-2026

A través desta páxina podes coñecer e descargar impresos ou información sobre a Escola de Música.

🗓 PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de setembro de 2025

Este proceso está dirixido a:
✅ Alumnado que cursou estudos no curso 2024/2025.
✅ Alumnado novo con prematrícula e praza confirmada.
✅ Alumnado novo sen prematrícula: será atendido por orde de entrada, unha vez adxudicadas as prazas dispoñibles.

⚠️ É obrigatorio matricularse neste prazo para manter a praza. Se non se formaliza entre o 1 e o 10 de setembro, pérdese o dereito á praza gardada.

A formalización e envío do impreso de solicitude non garantiza a praza. Farase segundo os criterios establecidos no regulamento da escola.

Cómo podo matricularme?

As persoas interesadas deberán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, na sede electrónica do Concello de Ortigueira ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39. /15. do 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Debe de presentar o Impreso de Matrícula  así como a Instancia (Solicitude xeral) cuberta xunto cos datos que se requiran en cada unha delas.

 

REXISTRO ELECTRÓNICO (CLICK AQUI)

🎯 ELECCIÓN DE HORARIOS

Os horarios das Clases Colectivas de Linguaxe Musical, Conxunto (Banda) ou Coro serán os mesmos que no anterior curso. Podes consultalos aquí: https://ortigueiramusica.com/horarios/

REUNIÓN-ELECCIÓN dos horarios das Clases Individuais de Instrumento e Canto

Antes desa data o director e profesorado contactará cas persoas inscritas para confirmar a praza.

XOVES 11 SETEMBRO

18:30. |  VENTO-METAL

19h. | PERCUSIÓN

19:45 |  GUITARRA (Corda)

 

VENRES 12 SETEMBRO

18:30h | GAITA

19h | PIANO

20h | CANTO (Voz) e VENTO-MADEIRA

(*) Os criterios de adxudicación das prazas así como da elección de horarios podense leer en: https://ortigueiramusica.com/capitulo-iii-procedementos/ 

📆 INICIO DAS CLASES:

🎻 Clases individuais: a partir do 15 de setembro
🎶 Linguaxe musical e conxuntos: a partir do 22 de setembro

📚 OBRADOIROS e MÚSICA E MOVEMENTO:

📅 Matrícula: do 15 ao 30 de setembro
📅 Comezo: 1 de outubro
🎪 Xornadas de portas abertas na segunda quincena de setembro.

Música e Movemento conserva os horarios do pasado curso (martes e venres ás 16h).

❌ NON deben cubrir esta matrícula os participantes só en obradoiros (música e movemento, pandeireta, tambor, cantareiras…).

📨 CONTACTO E DÚBIDAS: https://ortigueiramusica.com/contacto/

Comparte

Facebook
WhatsApp
Telegram
X