A ESMU Municipal de Ortigueira, aínda que é un centro educativo de xestión municipal, ríxese a súa vez pola Inspección Educativa e a normativa aplicable dende a Consellería de Educación.
No relativo ó Calendario Escolar, todos os centros dispoñen de 2 libres de libre disposición que son “Non lectivos”. Para facilitar a conciliación familiar o noso calendario escolar será o mesmo que o do CEIP José María Lage de Ortigueira. Polo que serán días non lectivos o 2 de novembro e o 14 de maio.




