Profesorado 2020-2021

Aquí encontraredes unhas breves reseñas sobre o equipo docente da EMCO.

JUAN BARCÓN PEÑA (Mestre de Gaita, Acordeón,  Grupo Celta e Grupo Tradicional)

juan.jpgTitulado Superior polo CSM de Vigo en Instrumentos da Música Tradicional e Popular, é mestre da EMCO dende o ano 2002.

Formou parte de diversas agrupacións do Ortegal como Dómine Cabra ou Bágoa da Raíña, sendo hoxe coñecido a nivel galego por ser “o gaiteiro” de A Roda; un dos grupos con maior historia da música galega.

Como director musical estivo ó cargo de diversas agrupacións como a Banda de Gaitas O Son do Sor, Brisas da Croa, O Castro de Vilaronte, Banda de Gaitas de Ladrido ou  a Asociación Cultural Airiños dos Carrís de Cerdido.

Ten recibidos diversos premios e distincións, tanto a nivel individual (solista) como coas agrupacións que tivo ó seu cargo na Liga Galega de Bandas de Gaitas.

CARLOS DIÉGUEZ BELTRÁN  (Director da EMCO. Mestre de Linguaxe Musical, Dirección, Combo, Música e Movemento e Ensinanza Online)

3-carlos.jpgNatural de Monforte de Lemos (Lugo) é titulado superior en Trombón, Licentiate en  Dirección de Banda, Máster Universitario en Gestión Cultural e Técnico Profesional en Coaching Persoal.

Ten dirixido diversas formacións musicais en España, Portugal, Alemania, Italia, Eslovenia, Costa Rica, Cuba, Arxentina ou Venezuela; traballando con organismos de diverso ámbito (dende Universidades, Conservatorios, Ministerios de Cultura, “El Sistema”…)

Ten publicado diversos libros e materiales didácticos, destacando El oficio de Director de Banda, o método Bandeando (primeiro método iberoamericano para banda) ou Solfeando; así como ten editadas diversas composicións e arranxos.

Frecuentemente é convidado a impartir diversas conferencias e ponencias en diversos foros e adica parte do seu tempo a recuperar tanto o patrimonio musical do municipio como de Galicia.

Foi Presidente da Asociación Nacional de Directores de Banda de España (ANDB) e director artístico ou musical de diversos proxectos do Plan Nacional de Bandas como a Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia.

Ademáis fai de Youtuber, a través da súa canle educativa de Youtube “Solfeando. Aula Virtual de Música” ; a cal conta con máis de 32.000 seguidores.

Web: https://carlosdieguez.org/ 

OLALLA LOSADA ROCA  (Mestra de Vento-Madeira)

Nace en Ferrol no ano 1994, e comeza os seus estudios ós 6 anos na escola de música Sementeira de Narón da man de Francisco San Ramón.

Posteriormente, continúa estudando no Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol, cos mestres Mariola Gil e José Luis Vázquez Lorenzo, comenzando ó mesmo tempo a súa andaina na Xove Banda de Narón, agrupación da que segue formando parte na actualidade.

Nestes anos acude a diversos cursos de interpretación con clarinetistas como Nerea Meyer, Juan Ferrer, Enrique Pérez, Josep Fuster, Carlos Lacruz o Rafael Albert, acadando o segundo premio no concurso de cuartetos de clarinetes da cidade de Xátiva no 2012.

No ano 2014 remata os seus estudios profesionais en Ferrol e accede ó Conservatorio Superior de Música de A Coruña, no que cursa os seus estudios superiores coas profesoras Mariola Gil Lago e Marta Sancho. Ó longo da sua carreira recibe clases de grandes clarinetistas como Iván Marín, Juan Ferrer, Beatriz López, Arno Piters ou Carlos Casado.

Nese mesmo ano tamén comenza a formar parte da Banda de Música municipal de Ferrol, da que é membro actualmente.

Recentemente, no ano 2019, remata os seus estudios superiores de clarinete.

Ademáis colaborou con distintas agrupaciones bandísticas e de música tradicional ó longo da súa vida, participando na grabación de varios CD´s e realizando concertos pola xeografía galega.

VICENTE REY (Mestre de Percusión, Linguaxe Musical e Conxuntos Instrumentais)

Vicente Rey.jpgNatural de Ortigueira, comeza os seus estudios de percusión na banda de música de Ortigueira baixo a dirección de Alfonso Mariño Parapar e posteriormente no  conservatorio de Viveiro cos mestres Antonio Agra Díaz, Antonio Albano Días Ribeiro, Ramiro Couce Guerrero e Eusebio López Sala.

Realiza diferentes cursos de perfeccionamento e interpretación en percusión clásica e batería cos mestres Pedro Vicedo Beneyto, Julio Sánchez Andrade…

Asiste a diversos cursos de Práctica e Repertorio Orquestal cos directores Andrea Gasperin, José Rafael Pascual Vilaplana, Daniel Leskovic, Richard Miles…

Colabora na publicación de material pedagóxico para banda, audicións e concertos didácticos, grabacións de bandas e corais e como percusionista en concertos benéficos.

Na actualidade imparte clases de percusión nas escolas de música de Ortigueira e Cedeira, toca nas súas respectivas bandas de música sendo ademáis o batería do grupo rock Más Madera.

DAVID RIVEIRA OTERO (Mestre de Linguaxe Musical, Canto, Coro e Agrupacións Musicais)

cropped-sin-nombreNatural de Viveiro (Lugo), titulado Superior polo CSM VIGO en Instrumentos da Música Tradicional e Popular.

Formou parte de agrupacións tradicionais como “Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas” e o cuarteto tradicional “Lusco Fusco” de Vigo. Actualmente forma parte do grupo tradicional “Grupo Andarivel” do Ortegal, e do cuarteto tradicional “Virutas de Ébano” de Vigo, co que acada éxitos en distintos concursos de música tradicional. Forma parte do coro “Tempus Fugit” de Viveiro, conseguindo tres premios no Concurso “Villa de Avilés”.

Como director musical, está ó cargo da dirección musical da Asociación Cultural “Airiños dos Carrís” de Cerdido, así como o Grupo Tradicional “Os Tafornelos” de Somozas. Forma parte da dirección Musical da “Banda Nuestra Señora de la Misericordia” de música cofrade de Viveiro.

Ten recibido varios premios, tanto como acompañante de gaiteiros solistas coa percusión tradicional, así como de cuartetos e distintas na Liga Galega de Bandas de Gaitas. Así como tocar co grupo “A Roda” en Hamburgo.

ALEJANDRO VÁZQUEZ (Mestre de Piano,  Composición, Pianista Acompañante, Linguaxe Musical, Coro Infantil)

Á idade de 6 anos dá os seus primeiros pasos no mundo da música iniciándose no estudo do solfexo e piano coa pianista gaditana Juana Abad.

AVG.jpgIngresa no Conservatorio Profesional de Ferrol, onde de forma oficial inicia os seus estudos de piano, concluíndoos no Conservatorio da Coruña coa profesora Laura Díaz.

Unha vez finalizados os seus estudos de piano accede ao Conservatorio Superior de Música da Coruña na especialidade de composición, estudando con Mario Seoane e Julián Rodriguez.

Realiza numerosos cursos de especialización sobre análise e música contemporánea con Anne Landa; Eric Wen, director do departamento de composición do Curtis Institute; Marie-Bernadette Charrier e Cristophe Havel, profesor de composición na ESMUC e composición electroacústica en Musikene; entre outros…

Asiste bolseiro á LIV edición dos Cursos Universitarios e Internacionais De “Música en Compostela” no ensino de Sinfonismo e Música Actual, impartido por Antón García Abril e Maximino Zumalave.

Estuda tamén composición con Antón García Abril na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia en Santiago de Compostela.

Como compositor recibiu encargas de numerosos ensembles e interpretes. As súas obras foron interpretadas por varios grupos de música de cámara, entre eles, o Ensemble S21, baixo a dirección de José María Sánchez Verdú; obras sinfónicas estreadas pola Banda e Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior da Coruña; pezas electroacústicas como integrante do Ensemble Ixor, dirixido por Pablo Coello. Varias dela grabadas en CD.

É membro da plataforma ColorSonoro, adicada a promoción do arte contemporáneo audiovisual, plataforma coa cal estrea BOBOK (música teatral para actor, ensemble instrumental e película).

Nos últimos anos publica numerosos materiais de carácter pedagóxico tanto para banda sinfónica como xuvenil.