Ortigueira Música

Capítulo II – Organización Xeral

Artigo 6. Persoal da EMCO

  • Profesorado

A impartición das clases formativas da EMCO estará a cargo de profesores empregados polo concello. As súas funcións virán determinadas polas condicións da súa contratación.

Relacionadas con estas e tendo en conta de que se trata de formadores, as obrigas dos profesores serán as seguintes:

  1. Impartir as materias que lle sexan encomendadas.
  2. Preparar as programacións das súas materias.
  3. Levar un rexistro dos datos académicos de alumnos/as.
  4. Coordinar a información docente co resto dos profesores.
  5. Informar aos/as alumnos/as, pais/nais ou representantes legais da marcha do/a alumno/a.
  6. Manter reunións informativas co AMPA ou colectivo de pais/nais ou representantes legais ao longo de cada trimestre.
  7. Asinar os documentos oficiais dos seus alumnos/as.

O horario semanal dos profesores comprende, ademais das horas de docencia, horas de titoría de atención aos alum- nos e aos pais/nais/representantes legais.

  • Persoal de dirección

Entre o persoal docente estará o titular do posto de Director/a da EMCO. As súas obrigas, tal e como se expoñen máis abaixo, estarán relacionadas coa tramitación administrativa, emisión de informes e proposta de resolución de asuntos ao órgano competente (Alcaldía ou Pleno) ou ben coa xefatura e coordinación inmediata do persoal do centro. Estas obrigas son as seguintes:

  1. Cumprir e facer cumprir as normas e demais disposicións vixentes.
  2. Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, co apoio do órgano de coordinación docente, de acordo coas disposicións vixentes.
  3. Convocar e presidir os actos académicos e as reunións de tódolos órganos colexiados do centro.
  4. Elevar á Concellería correspondente as propostas dos gastos relativos ao mantemento do centro de acordo ás necesidades do mesmo.
  5. Executar os acordos dos órganos colexiados.
  6. Promover e impulsar as relacións do centro coas institucións da súa contorna, especialmente coas AMPA, outros centros educativos, Concellos e servizos municipais como a Biblioteca Municipal, así como actividades culturais, educati- vas e lúdicas.
  7. Elaborar, xunto co resto do profesorado, a proposta do Plan Anual de Actividades do centro.
  8. Facilitar a coordinación do profesorado con outros centros docentes, centros de recursos e calquera outro servizo educativo.
  9. Subministrar a información que lle requiran os órganos educativos competentes.
  10. Proporcionar informes sobre a Escola de Música ante requirimento municipal.
  11. Facilitar a xuntanza de profesores, alumnos, pais, nais ou representantes legais e persoal non docente, respectando, en todo caso, o horario lectivo.
  12. Elaborar, de ser o caso, o plan de convivencia do centro e as demais actuacións derivadas do desenvolvemento, seguimento, avaliación e revisión deste, así como as demais competencias da comisión de convivencia, mentres esta non estea constituída.
  13. Impulsar as actividades previstas no plan de convivencia, así como velar pola realización destas e polo cumprimento das normas de convivencia.
  14. Garantir as condicións para que exista no centro un adecuado clima escolar que favoreza a aprendizaxe e a partici- pación do alumnado.
  15. Garantir o exercicio da mediación, a imposición de medidas correctoras e o desenvolvemento dos procesos e proce- dementos que se establecen neste decreto.
  16. Velar polo cumprimento das medidas correctoras por parte do alumnado.
    1. Persoal administrativo

A EMCO terá un punto de atención ao usuario que será atendido por persoal administrativo empregado polo concello.

Para todas aquelas cuestións que se teñan que tratar cos servizos administrativos do centro, solicitarase a quenda correspondente. En todos os casos, é un lugar de traballo, por este motivo, manterase un ambiente de silencio e respecto para facilitar a tarefa alí realizada.

Artigo 7. Órganos colexiados

A organización docente farase de forma participativa entre dous órganos diferentes órganos: o Órgano de Coordinación Docente, e o Consello Consultivo.

Artigo 8. Órgano de Coordinación Docente

Este órgano estará composto por membros do profesorado que se reunirán regularmente, convocados polo/a director/a do centro, coa finalidade de:

  1. Elaborar o plan anual de actividades docentes do centro.
  2. Fixar criterios de avaliación dos/as alumnos/as.
  3. Coordinar as funcións de orientación e titoría dos alumnos/as.
  4. Promover iniciativas no ámbito da experimentación ou investigación pedagóxica.
  5. Supervisar e aprobar os programas de cada materia da que estean encargados/as aos profesores/as corresponden- tes e presentalos ao Consello Consultivo para a súa información.
  6. Elevar propostas ao equipo directivo e á comisión de actividades extraescolares (visitas e excursións) para o desen- volvemento das actividades complementarias.
  7. Facer respectar as normas de cumprimento das obrigas docentes por parte do profesorado en canto a horario e funcionamento do centro establecidas no presente regulamento.
  8. Realizar propostas para a elaboración do plan de convivencia e das normas de convivencia do centro.
  9. Participar na avaliación anual da convivencia no centro, incidindo especialmente no desenvolvemento do plan de convivencia.
  10. Propoñer actuacións de carácter educativo, especialmente as relacionadas coa resolución pacífica de conflitos.

Artigo 9. Consello Consultivo

O Consello Consultivo da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira é o máximo órgano de consulta e participación de todos os sectores involucrados no seu correcto funcionamento.

As súas propostas, informes e ditames serán preceptivos e serán elevados aos órganos municipais competentes.

Artigo 10. Composición do Consello Consultivo

O Consello Consultivo da Escola estará constituído polas seguintes persoas:

Presidirá as reunións o/a Sr./a Alcalde/sa de Ortigueira ou concelleiro/a en quen se delegue. Exercerán de vogais os seguintes membros:

  • Director/a do Centro
  • Dous profesores/as, elixidos entre o profesorado
  • Un/unha representante da Asociación de nais e pais de alumnos do Centro no caso de que houbera, e senón un/

unha representante legal dos/das alumnos/as menores de idade,

  • Un/unha representante dos alumnos/as maiores de idade

Un membro do persoal administrativo do centro educativo levantará acta das reunións.

Cada membro do Consello deberá ter asignado un suplente que poida exercer as súas funcións na ausencia do mesmo. O Consello Consultivo poderá renovarse cada dous anos á proposta de dous terzos dos seus integrantes.

Establecese un protocolo para a elección dos membros non natos do Consello:

  1. As candidaturas serán presentadas nun prazo de 7 días naturais, nas datas establecidas pola presidencia do Consello.
  2. As candidaturas presentaranse no rexistro municipal e, finalizado o prazo abrirase un período de exposición de candidatos/as de 5 días naturais.
  3. O/A Presidente/a do Consello fixará a data e horas das eleccións. A votación será secreta. O/a candidato/a con máis votos será elixido/a directamente representante no órgano.

Artigo 11. Reunións do Consello Consultivo

O Consello Consultivo celebrará reunións nas datas e horas que propoña o/a Presidente/a, ou que o mesmo acorde, sendo necesaria a presenza a lo menos, do/a Presidente/a, o/a Director/a do Centro, un/a traballador/a que levante acta e de tres membros do consello, para a válida celebración das mesmas. Os acordos adoptaranse por maioría de votos dos asistentes a cada reunión.

Celebrarase un mínimo de dous consellos consultivos ordinarios por curso lectivo, e extraordinarios segundo as nece- sidades dos mesmos.

Artigo 12. Funcións do Consello Consultivo

As funcións do Concello Consultivo serán exclusivamente deliberativas e de asesoramento á corporación municipal no ámbito restrinxido da EMCO. Entre outras, ditas funcións serán as seguintes:

  1. Propoñer actividades extraordinarias.
    1. Propoñer cambios na oferta das materias e modificacións do cadro de profesores.
    1. Coñecer as modificacións do Proxecto Educativo de Centro que propoña o conxunto de profesores e aprobe a autoridade municipal competente.
    1. Propoñer ao equipo directivo do centro modificacións do Proxecto Educativo de Centro.
    1. Elaborar informes, proxectos, iniciativas e propostas de interese educativo.

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?