Ortigueira Música

Aberto o Prazo de Matrícula na Escola de Música

A Escola de Música Municipal de Ortigueira informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso académico 2024/2025. A oferta educativa abrangue un amplo abano de Especialidades Instrumentais e Vocais, incluíndo canto, gaita, instrumentos de corda e vento, percusión, piano e moito máis. Este é o momento perfecto para que novos alumnos e alumnas se incorporen ao noso proxecto educativo, que combina aprendizaxe musical e valores.

Sobre a Inscrición:

Novo alumnado: Para aqueles que se inscriben por primeira vez, poden formalizar a matrícula a través do Formulario Online dispoñible na nosa páxina web.

Alumnado con reserva de praza: Se xa estudaches na Escola durante o último curso, a túa praza está reservada automaticamente, polo que non necesitas cubrir o formulario de novo.

Preinscrición previa: Aqueles que enviaron a súa solicitude de pre-matrícula en xuño tampouco necesitan cubrir este formulario. Confirmaremos a obtención de Praza nas vindeiras datas.

Prazos: O prazo estará aberto ata o 12 de setembro de 2024 para a elección individual de horario de instrumento ou canto. Non obstante, a matrícula permanecerá aberta durante todo o mes de setembro, dependendo da dispoñibilidade de prazas e horarios.

Inicio do Curso:

As datas de inicio oficial das clases anunciaranse nos vindeiros días a través da nosa web e redes sociais. Podes leer máis o respecto no Calendario Escolar.

Para máis información e acceso ao formulario de matrícula, visita a nosa páxina web ou contacta connosco no correo escolademusica@concellodeortigueira.com.

¡Non deixes pasar a oportunidade de formar parte da nosa Escola de Música e desenvolve o teu talento musical!

Comparte

Facebook
WhatsApp
Telegram
X
Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?