Ortigueira Música

Calendario Escolar

A ESMU Municipal de Ortigueira, aínda que é un centro educativo de xestión municipal, ríxese a súa vez pola Inspección Educativa e a normativa aplicable dende a Consellería de Educación.

No relativo ó Calendario Escolar, todos os centros dispoñen de 2 libres de libre disposición que son “Non lectivos”. Para facilitar a conciliación familiar o noso calendario escolar (unha vez comezado o noso curso) será o mesmo que o do CEIP José María Lage de Ortigueira. Unha vez que publiquen os seus 2 días de libre disposición darémosvos a información ó respecto.

En breve, publicación no apartado NOVAS das datas de comezo de curso e elección de Horarios Individuais da ESMU Ortigueira.

Calendario Escolar 2025/2026 – Galicia

Escola de Música Municipal | Xunta de Galicia – Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP

A Consellería de Educación publicou oficialmente o calendario escolar do curso 2025/26, aplicable a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. Aquí tes un resumo visual coas principais datas e festivos para ter todo baixo control.


Inicio e fin do curso

  • Curso escolar: Matrículas (para todo o alumnado) desde o 1 de setembro ao 10 de setembro de 2025 para poder elexir horarios individuais (11 e 12 de setembro – elección). A matrícula é aberta durante todo o ano según dispoñibilidade.

  • Obradoiros: Matrículas entre o 15 de setembro ao 30 de setembro de 2025. Comezarán os Obradoiros de Música e Movemento e Instrumentos Tradicionais (pandeireta, tambor, cantareiras…) o día 1 de outubro. Durante a segunda quincena de setembro celebraranse xornadas de portas abertas para coñecer as materias e organizar os grupos.

  • Inicio das clases (alumnado ESMU): 15 de setembro de 2025

  • A semana do 15 de setembro comezarán as clases individuais. O día 22 de setembro as clases de Linguaxe Musical e Colectivas (Conxuntos).

  • Fin das clases:  19 de xuño de 2026 | Ensaios e concertos na última semana de Xuño


Vacacións escolares

ÉpocaDatas
Nadal20 de decembro 2025 – 7 de xaneiro 2026
Entroido16, 17 e 18 de febreiro de 2026
Semana Santa28 de marzo – 6 de abril de 2026

Días non lectivos

  • Día do Ensino:  31 de outubro de 2025

  • Día adicional:  3 de novembro de 2025

  • Festivos estatais, autonómicos e locais: segundo calendario oficial

E 2 días non lectivos, que serán os mesmos cos que escollerá o CEIP José María Lage de Ortigueira.

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.