Ortigueira Música

Capítulo I – Disposicións Xerais

Artigo 1. Obxecto

Este regulamento ten por obxecto establecer as normas de uso e convivencia para as persoas usuarias da Escola Municipal de Música, no que se refire a: estrutura das ensinanzas; órganos de goberno; calendario escolar; condicións de acceso ás prazas escolares; proceso e calendario das matrículas; aboamento das taxas ou prezos públicos; renovación de prazas e cobertura de baixas ao longo do curso escolar.

A EMCO rexerase por este regulamento e polas disposicións que os órganos do Concello de Ortigueira ou da Escola establezan en uso das súas competencias.

Artigo 2. Obxectivos da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira

Son obxectivos da Escola de Música:

  1. Fomentar o coñecemento e apreciación da música, estruturando estratexias de ensinoaprendizaxe desde os primei- ros anos do seu alumnado.
  2. Ofertar una formación ampla e diversa, para toda a poboación de Ortigueira, sen limitacións por idade.
  3. Detectar e orientar aquel alumnado que amose aptitudes e condicións axeitadas, para encamiñalos a un ensino de carácter profesional, ou no seu caso, preparalo para o seu acceso a este tipo de formación.
  4. Ofrecer unhas ensinanzas de carácter instrumental, facendo compatibles a formación individual como a de conxunto.
  5. Proporcionar unha formación complementaria á práctica instrumental.
  6. Fomentar no alumnado a súa participación en agrupacións vocais ou instrumentais.
  7. Organizar actuacións públicas, deseñando especialmente actividades didácticas dirixidas aos centros de ensino do noso Concello, para dar a coñecer entre o alumnado destes centros a cultura musical en xeral e mostrar o traballo desenvolvido na Escola.
  8. Participar en actos públicos, xunto con outras agrupacións afeccionadas, intercambiando as experiencias formativas.
  9. Servir de espazo de formación, tanto a docentes como ao alumnado, en períodos non lectivos (verán, Nadal…), a través de escolas de verán/inverno, cursos, xornadas ou seminarios.
  10. Deseñar proxectos específicos de crecemento, consolidación e expansión de cada unha das agrupacións existentes: Banda de Música, Coros, Grupos de Folk e as que poidan xurdir.
  11. Programar un circuíto estable de actuacións das agrupacións da escola polas distintas parroquias, centros sociais do Concello de Ortigueira, para deste xeito amosar polos núcleos e parroquias o traballo musical feito.

Artigo 3. Requisitos de idade mínima dos/das solicitantes

Poderán ser alumnos/as da EMCO aquelas persoas que polo menos teñan cumpridos os tres anos de idade no ano correspondente ao inicio do curso escolar no que desexe matricularse.

Artigo 4. Beneficiarios/as con necesidades educativas especiais ou específicas (NEE)

Poderán integrarse na Escola Municipal de Música, os/as usuarios/as con NEE. No seu caso o centro deberá dotar de infraestrutura e material didáctico axeitados, e persoal suficiente e formado especificamente para educar nestas necesidades:

  1. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de NEE por aula de materias colectivas.
  2. Porén, se houbese máis alumnado de NEE que grupos de materias colectivas onde integrarse, poderase habilitar unha nova aula para este colectivo. A creación desta nova aula estará sempre suxeita ao informe favorable da xefatura de estudos ou da dirección pedagóxica da Escola.
  3. Para os efectos de ratio, cada praza de integración do alumnado con NEE contabilizarase como dobre tanto nas materias individuais como grupais, e no cómputo global de número de matriculados no curso escolar.

Artigo 5. Estrutura das ensinanzas

  • Disciplinas educativas.

A Escola Municipal de Música de Ortigueira, como centro de ensino non oficial, impartirá ensinanzas dirixidas á for- mación práctica en música a aficionados de calquera idade, nas súas manifestacións máis variadas, dende o folclore tradicional ata a formación clásica, pasando pola música moderna e contemporánea. Terá como oferta básica os seguintes ámbitos de actuación:

  1. Música e movemento para nenos en idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos.
    1. Práctica instrumental sen límite de idade.
    1. Formación musical, complementaria á práctica instrumental.
    1. Actividades instrumentais e vocais de conxunto.
    1. Niveis e actividades complementarias.

As ensinanzas da Escola estarán divididas en diferentes niveis. As asignaturas que se impartan daranse a coñecer en cada período de matrícula coa finalidade de que o alumno se matricule axeitadamente.

En complemento destas ensinanzas, levaranse a cabo actividades suplementarias e concertos, como medio pedagó- xico e de proxección externa do traballo da Escola. Estas actividades deberán ser aprobadas polo Consello Consultivo e recollidas, na medida do posible, na programación anual do centro.

  • Ensinanzas non regradas

As ensinanzas impartidas pola Escola Municipal de Música non terán validez académica e estarán supeditadas ás normas que o Ministerio de Educación estableza ao respecto.

  • Normalización lingüística e uso do galego

Toda a comunidade escolar velará polo cumprimento da Ordenanza sobre Normalización Lingüística do Concello de Ortigueira, así coma de toda a normativa de rango superior referida ao uso do galego.

Toda a documentación do centro realizarase en galego ou bilingüe en galego e castelán a petición do interesado so cando a situación o requira.

Na medida do posible empregaranse textos en galego nas clases.

  • Calendario e horario escolar

O calendario e horario escolar da EMCO fixaranse ao inicio de curso, có visto e prace do Concello de Ortigueira.

  • Sede da Escola

A Escola Municipal de Música ten a súa sede na rúa Márquez Cortiñas s/n do municipio de Ortigueira.

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?