Ortigueira Música

Capítulo III – Procedementos

Artigo 13. Matrículas

Establécense dous períodos: prazo de pre-matrícula (mes de xuño) e a matrícula (mes de setembro). As prazas serán limitadas.

Artigo 14. Criterios de adxudicación de prazas

No período de matricula (setembro), a adxudicación das prazas na Escola de Música regúlase polos seguintes criterios:

  1. Alumnos menores de 16 anos que cursaron estudios na Escola de Música no anterior curso e que realizaron a pre- matrícula, por orde de inscrición na mesma.
  2. Alumnos que cursaron a materia de “Música e Movemento” o anterior Curso e que realizaron a pre-matrícula, segun- do a orde de recepción.
  3. Alumnos menores de 16 anos que non cursaron estudios na Escola de Música no anterior curso e que realizaron a pre-matrícula, por orde de inscrición na mesma.
  4. Alumnos maiores de 16 anos que cursaron estudios na Escola de Música no anterior curso e que realizaron a pre- matrícula, por orde de inscrición na mesma.
  5. Alumnos maiores de 16 anos que non cursaron estudios na Escola de Música no anterior curso e que realizaron a pre-matricula, por orde de inscrición na mesma.
  6. Alumnos menores de 16 anos que non realizaron a pre-matricula, por orde de solicitude no período de matriculación.
  7. Alumnos maiores de 16 anos que non realizaron a pre-matrícula, por orde de solicitude no período de matriculación.
  8. Como 2ª especialidade (novo instrumento para este curso). Alumnos matriculados no anterior curso, que realizaron a pre-matrícula, por orde de inscrición na mesma.

Artigo 15. Criterios para o agrupamento de alumnos e alumnas nas materias colectivas

No caso de grupos de máis de 16 alumnos dividiranse en dous partes (sempre que haxa profesorado con horario dispoñible), con horarios suficientemente contrastados. Os alumnos repartiranse por orde alfabética pero terán a opción de cambiar de grupo se teñen algunha incompatibilidade de horario suficientemente xustificada. En todo caso tratarase de que os grupos sexan o máis equilibrados posible.

Artigo 16. Criterios para a elección de horarios nas clases individuais

A orde de elección do horario das clases individuais seguirá os seguintes criterios:

  1. Convocarase a tódolos alumnos maiores de idade e os pais/nais/titores dos menores de idade a unha reunión para a elección de horarios.
  • Farase unha convocatoria por cada profesor da EMCO para a elección das horas de clase individuais das súas especialidades.
  • Elixirán horario os alumnos en orde de menor a maior idade.
  • Elixirán sobre o horario dispoñible os alumnos/pais que non acudiron a convocatoria de selección, en horario de Secretaría. A elección será por orde de solicitude.

Artigo 17. Criterios de avaliación de alumnos/as

A avaliación dos/as alumnos/as será continua e final por parte do/a profesor/a titor/a.

Valoraranse tanto os obxectivos relativos a coñecementos como aos educacionais: actitude, responsabilidade, partici- pación, sociabilidade, capacidade, etc.

Artigo 18. Criterios de promoción de alumnos/as

O profesor da materia determinará se o alumno/a debe ou non promover ao seguinte nivel en base a súa progresión ao longo do curso e ao resultado da avaliación continua e final.

O alumnado e no seu caso os pais e as nais ou o representantes legais do mesmo poderán presentar reclamación ante o director/a do centro contra as cualificacións finais resultantes da avaliación continua e final nun prazo de cinco días a partir da notificación destas e será presentada no rexistro municipal. Esta reclamación será analizada por unha comisión presidida polo/a xefe/a de estudos e integrada por o profesor/a da materia recorrida mais un membro do departamento ou no seu defecto será designado pola dirección. Esta comisión adoptará a resolución que proceda, comunicándoa ao alumno/a nun prazo máximo de 15 días.

Artigo 19. Prezo público

O importe do prezo público será aprobado mediante ordenanza fiscal e devengarase de forma mensual. O pago do mesmo sempre será a importe completo, aínda que o alumno se matricule nun mes xa comezado e continuarase cobrando ata a presentación da solicitude de baixa.

O impado de dúas mensualidades seguidas do prezo público suporá a suspensión temporal do dereito de asistencia e avaliación en tódalas materias que estea cursando o alumno ata o abono das mensualidades debidas.

O pago deste prezo público deberá domiciliarse por algunha entidade bancaria.

Para matricularse nun vindeiro curso, tódolos usuarios terán que estar o día nos pagos deste prezo público.

A falta de asistencia do/da alumno/a non supón dispensa no pagamento do prezo público mentres non se formalice ou se acorde a baixa correspondente segundo as condicións e procedemento descritos neste regulamento.

A falta de asistencia xustificada non dará dereito á aplicación de mecanismos de compensación (suspensión do pago do prezo público, redución da mesma ou recuperación das horas perdidas)

Artigo 20. Baixas

Os impresos de baixa solicitaranse nos servizos administrativos do centro. Esta non se fará efectiva ata a súa presentación.

No caso de ser menor de idade a baixa farase efectiva sempre coa autorización do pai, nai ou titor do alumno.

Artigo 21. Listas de espera

Abriranse listas de espera naquelas especialidades nas que foran cubertas tódalas prazas ofrecidas a principio de curso polo centro.

A EMCO comprométese a informar ós alumnos afectados das prazas que vaian quedando vacantes durante o curso. Estas prazas cubriranse polo rigoroso orde de lista obtido dos criterios de adxudicación de prazas.

Artigo 22. Préstamo de instrumentos

  • Obxecto

O presente capítulo ten por obxecto establecer os termos nos que a Escola Municipal de Música ofrece o servizo de préstamo de instrumentos musicais, servizo que se limitará exclusivamente aos fins propias da mesma, a saber a apren- dizaxe no manexo do instrumento obxecto de préstamo.

  • Alcance

As disposicións reguladoras incluídas neste apartado son de aplicación aos instrumentos dispoñibles para ofrecer o servizo, e aos usuarios potenciais do mesmo, tal e como se concreta nos apartados seguintes.

  • Persoas

Son usuarios potenciais do servizo os alumnos que estudan un instrumento na EMCO.

  • Instrumentos

O banco de instrumentos da EMCO estará integrado por instrumentos de titularidade municipal así como aqueles que sexan cedidos por outras entidades á Escola por calquera título

O préstamo deste material ao alumnado incluirá o instrumento, funda, boquilla e todo canto sexa necesario para o seu uso, agás accesorios (tipo canas, etc.).

  • Condicións do préstamo

O préstamo do material será por un período fixo establecido no formulario do préstamo. O préstamo rematará, en todo caso, co fin do curso no que está matriculado a beneficiario.

Unicamente se prevé unha prórroga do préstamo cando o alumno houbese cumprimentado a solicitude de reserva de praza para o seguinte curso, limitándose esa prórroga a dito curso.

Non se permite a cesión, usufruto ou arrendamento a terceiras persoas. A recollida, devolución e transporte correrá por conta do beneficiario.

  • Responsabilidades do usuario

O mantemento do instrumento, durante o período de préstamo, corre a conta do beneficiario, así como as reparacións de danos no instrumento ocasionados por un uso indebido do mesmo.

O beneficiario será o responsable da custodia e bo uso do instrumento en préstamo.

En caso de extravío do equipamento prestado, o beneficiario é o responsable da reposición do mesmo. No caso de que se detectase un mal uso do instrumento, a EMCO resérvase o dereito de solicitar a devolución inmediata do mesmo nas mellores condicións de uso.

De non cumprir con estas obrigas, o beneficiario perdería automaticamente o dereito a seguir matriculado na EMCO e non podería volver a matricularse nela ata ter pagado os gastos debidos.

  • Criterios de adxudicación

A adxudicación do instrumento buscará beneficiar a todos os alumnos que se inicien na práctica dun instrumento sen necesidade de adquirilo no momento da primeira matrícula. Realizarase conforme á dispoñibilidade dos instrumentos atendendo aos seguintes criterios:

  1. Nº de instrumentos solicitados.
    1. Finalidade do préstamo.
    1. Duración do préstamo.

O baremo que se aplique para cada un dos criterios será o seguinte: de 0 a 10 puntos para cada apartado, tendo a máxima puntuación o que menos instrumentos solicite, o que mellor xustifique a finalidade do préstamo e o que máis tempo necesite o instrumento prestado.

22.8. Xestión do préstamo

A xestión do préstamo do instrumentos realízase integramente a través da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira.

Para ter acceso ao servizo, deberase de entregar debidamente cumprimentado o formulario do préstamo, dispoñible na Secretaría da Escola de Música, acompañado de copia de DNI ( no caso de ser menor de idade, corresponderá o DNI do pai, nai ou titor quen se fará cargo do instrumento).

Artigo 23. Anuncios e notificacións

Os cambios e alteracións do servizo serán notificados mediante anuncio exposto no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Música.

Artigo 24. Probas de nivel

Para os alumnos que desexen realizar unha proba de nivel para promocionar de curso poderán facela despois do perío- do de matriculación. Esta proba comprenderá todas as materias do nivel ao que se queira promocionar, sendo obrigatorio ter aprobado todas as materias para promocionar de curso.

Artigo 25. Certificado e diplomas

O Concello de Ortigueira poderá expedir credenciais dos estudos cursados polos alumnos da Escola, sen que, en ningún caso, o seu texto ou formato poidan inducir a confusión con certificados e títulos con validez académica.

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?