Ortigueira Música

Capítulo V – Regulamento Interno

REGULAMENTO DE REXIME INTERNO

  1. DEREITOS E DEBERES DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Artigo 43. Dereitos e deberes dos/as alumnos/as

Dereitos:

  • A recibir unha formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.
  • A ser respectado por todos/as na súa integridade e dignidade persoal, non tendo que sufrir sancións humillantes.
  • A non sufrir discriminación en canto a condicións cívicas, morais, de idade, de sexo, etc., de acordo co disposto na Constitución.
  • A participar no funcionamento e na vida do centro, en función da súa idade e na forma que especifiquen as normas establecidas.
  • A usar as instalacións, mobiliario e material do centro.
  • A expoñer, oralmente ou por escrito, ante o profesorado e a dirección, as suxestións, preguntas, iniciativas e reclama- cións que estime oportunas e a ser escoitado/a e atendido/a en todas elas.
  • A ver os seus exercicios ou exames corrixidos e a reclamar se o considera oportuno.
  • E ademais, todos aqueles que as leis ou normas de rango superior recollan como tales dereitos.
    • Deberes:
  • Asistir a clase e participar nas actividades didácticas comprendidas no plan de estudo.
  • Respectar os horarios fixados para o desenvolvemento das actividades do centro.
  • Seguir as orientacións e instrucións do profesorado respecto á súa aprendizaxe.
  • Respectar o dereito ao estudo dos/das compañeiros/as.
  • Respectar as normas de convivencia dentro do centro docente; Respectar as liberdades e conviccións, tanto relixio- sas como morais, así como a dignidade, integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.
  • Utilizar correctamente os materiais e instalacións do centro.
  • Participar na vida e funcionamento do centro.
  • Xustificar as faltas de asistencia polos pais, nais ou representantes legais.
  • Respectar e cumprir o Plan de Convivencia da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira.

Artigo 44. Dereitos e deberes dos/as profesores/as

  • Dereitos
  • Ser respectados/as, persoal e profesionalmente por toda a comunidade educativa, tanto polos alumnos/as como polos seus pais/nais ou representantes legais e demais persoal do centro.
  • Participar na consecución de obxectivos educacionais cos criterios e métodos que consideren mellores para o enriquecemento dos/das alumnos/as.
  • A non ser interrompido/a no seu labor educativo na aula sen motivo xustificado.
  • Reivindicar os dereitos profesionais, laborais e sindicais que considere lesionados polas canles que considere oportunas, asumindo persoalmente as consecuencias que da súa actuación se deriven.
  • Participar na xestión do centro a través dos órganos correspondentes.
  • Estar informados/as puntualmente dos asuntos do centro.
  • Dispoñer dos servizos e material do centro que precise no seu labor educativo.
    • Deberes
  • Cumprir co horario de traballo que lle corresponde en función das súas responsabilidades no centro.
  • Acudir con puntualidade ao centro, debendo xustificar ante a dirección as ausencias o retrasos. No caso de impun- tualidades en motivo xustificado o Concello de Ortigueira aplicará a normativa correspondente para o resto de traballado- res/as municipais.
  • Respectar e cumprir o Plan de Convivencia da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira.

Artigo 45. Dereitos e deberes dos pais e nais ou representantes legais dos menores

45.1 Dereitos

  1. Ser recibidos polos/as profesores/as correspondentes en visita persoal e ás horas establecidas para recibir infor- mación sobre os seus fillos/as.
  2. Participar na xestión do centro a través dos seus representantes.
  3. Ser informados/as sobre os obxectivos e plan de traballo do curso ao que pertence o seu fillo ou filla.

45.2. Deberes

  1. Acudir á chamada individual ou colectiva dos profesores/as para asuntos relacionados coa conduta ou rendemento do menor.
  2. Colaborar cos profesores/as e con outros representantes para o mellor desenvolvemento das actividades do centro, especialmente as de extraescolares ou de convivencia.
  3. Acatar en todo momento as normas da Escola de Música.
  4. Xustificar as faltas de asistencia e mandar con puntualidade aos fillos ao centro.
  5. Pagar as taxas fixadas nos períodos establecidos.
  6. Asistir ás reunións e servizos que lles correspondan: departamentos, bibliotecas, etc.
  7. Usar debidamente o material e instalacións do centro postos á súa disposición.
  8. Poderán reclamar ante a xefatura de persoal do Concello de Ortigueira dirección cando crea lesionados os seus dereitos.
  9. Respectar e cumprir o Plan de Convivencia da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira.

Artigo 46. Finalidades da ANPA

  1. Asistir aos pais ou titores en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos.
  2. Colaborar nas actividades educativas do Centro, especialmente nas actividades extraescolares.
  3. Promover a participación dos pais na xestión do Centro.
  4. Asistir aos pais dos alumnos no exercicio do seu dereito a interviren no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
  5. Calquera outra que dentro da normativa vixente, lle asignen os seus estatutos.

As Asociacións de Pais poderán utilizar os locais do Centro para realizar as súas actividades.

Será necesaria, en todo caso, para efectos de utilización dos locais do Centro, a previa comunicación da Xunta Directiva da Asociación á Dirección do Centro.

A Alcaldía, cando as dispoñibilidades de locais o permitan e cando o solicite a Asociación de Pais, facilitará o uso dun local para o desenvolvemento das actividades internas de carácter permanente da Asociación, previo informe favorable do Director do Centro.

  • NORMAS DE COMPORTAMENTO

Artigo 47. Normas xerais

O alumnado non poderá saír do recinto escolar durante a xornada lectiva, excepto nos casos necesarios para o traballo escolar e con autorización dos profesores e nos casos estritamente necesarios e, previa solicitude por escrito dos pais, nais ou representantes legais.

  • Na aula
  • Na clase debe de existir un ambiente de respecto e orde que favoreza o traballo
  • Cada alumno/a é responsable tanto do seu material como do material da clase.
  • Ao saír de clase, todo debe quedar perfectamente limpo e ordenado. Cada alumno/a é responsable de que o material ao seu cargo quede debidamente recollido.
    • Nos corredores e escaleiras

Os corredores e escaleiras son lugares de paso e utilizaranse nos desprazamentos coa debida orde, sen facer ruído para non molestar aos que estean nas aulas.

  • FALTAS, SANCIÓNS E PROCEDEMENTO

Artigo 48. Faltas leves

  1. As faltas inxustificadas de puntualidade.
  2. As faltas inxustificadas de asistencia a clase.
  3. O deterioro non grave causado intencionadamente nas dependencias do centro, no material deste ou nos obxectos ou pertenzas dos membros da comunidade educativa.
  4. Calquera acto inxustificado que perturbe levemente o normal desenvolvemento das actividades do centro.

Artigo 49. Faltas graves

  1. Os actos de indisciplina, inxuria ou ofensas graves contra os membros da comunidade educativa.
  2. A agresión física grave contra os demais membros da comunidade educativa.
  3. A suplantación de personalidade nos actos de vida docente e a falsificación ou roubo de documentos académicos.
  4. Os danos graves, por uso indebido, nos locais, material ou documentos don centro, ou nos obxectos que pertenzan a outros membros da comunidade educativa.
  5. Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro.

Artigo 50. Faltas moi graves

  1. Os actos de indisciplina, inxuria ou ofensas moi graves contra os membros da comunidade educativa.
  2. A agresión física moi grave contra os demais membros da comunidade educativa.
  3. A incitación sistemática a actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e integridade persoal dos membros da comunidade educativa.
  4. A comisión de tres faltas graves nun mesmo curso académico.
  5. Fumar ou consumir alcohol e drogas dentro do recinto educativo.

Artigo 51. Sancións leves

  1. Amoestación privada.
  2. Amoestación por escrito, da que conservará constancia o/a xefe/a de estudos e que será comunicada aos nais/ pais ou representantes legais no caso dos menores/as.

Artigo 52. Sancións graves

  1. Apercibimento que constará no expediente individual do alumno/a no caso de continuas faltas inxustificadas de asistencia, no que se incluirá un informe detallado do/da profesor/a da materia e do titor/a do/a alumno/a.
  2. Cambio de grupo ou de clase do/da alumno/a.
  • Suspensión do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases por un período máximo de sete días lectivos, sen que isto supoña a perda dalgunha avaliación e sen prexuízo de que implique a realización de determinados deberes ou traballos extraescolares.

Artigo 53. Sancións moi graves

  1. Perda do dereito de avaliación continua para o curso do que se trate no caso de que houbese tres apercibimentos. Neste caso, o/a alumno/a terá dereito a unha proba final.
  2. Privación do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases por un período superior a sete e inferior a quince días lectivos, sen que se produza a perda da avaliación continua e sen prexuízo de que implique a realización de traballos extraescolares.
  3. Inhabilitación por un tempo non inferior ao que lle reste para terminar o correspondente curso, para seguir as ensinanzas do centro. O/a alumno/a podería ser readmitido/a no centro se a Alcaldía apreciase un cambio na actitude a proposta do órgano de coordinación docente.
  4. Perda do dereito de avaliación continua para o curso do que se trate no caso de que houbese tres apercibimentos. Neste caso, o/a alumno/a terá dereito a unha proba final.
  5. Privación do dereito de asistencia ao centro ou a determinadas clases por un período superior a sete e inferior a quince días lectivos, sen que se produza a perda da avaliación continua e sen prexuízo de que implique a realización de traballos extraescolares.
  6. Inhabilitación por un tempo non inferior ao que lle reste para terminar o correspondente curso, para seguir as ensinan- zas do centro. O/a alumno/a podería ser readmitido/a no centro se a Alcaldía apreciase un cambio na actitude a proposta do órgano de coordinación docente.

Artigo 54. Órganos competentes

O órgano instrutor dos procedementos sancionadores será o director da EMCO.

Actuará como Secretario destes procedementos un empregado dos servizos administrativos da EMCO. O Alcalde será o órgano competente para a imposición das sancións que procedan.”

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?