Ortigueira Música

Carlos Diéguez Beltrán

CARLOS

Natural de Monforte de Lemos (Lugo) é titulado superior en Trombón, Licentiate en Dirección de Banda, Máster Universitario en Gestión Cultural e Técnico Profesional en Coaching Persoal.

Ten dirixido diversas formacións musicais en España, Portugal, Alemania, Italia, Eslovenia, Costa Rica, Cuba, Arxentina ou Venezuela; traballando con organismos de diverso ámbito (dende Universidades, Conservatorios, Ministerios de Cultura, “El Sistema”…)

Ten publicado diversos libros e materiais didácticos, destacando El oficio de Director de Banda, o método Bandeando (primeiro método iberoamericano para banda) ou Solfeando; así como ten editadas diversas composicións e arranxos. Pezas adicadas a Ortigueira compuxo o Poema Sinfónico “Urticariam”, a Muiñeira “Mozos de Ortigueira”.

Frecuentemente é convidado a impartir diversas conferencias e ponencias en diversos foros e adica parte do seu tempo a recuperar tanto o patrimonio musical do municipio como de Galicia. Foi o re-descubridor da letra de “Ortigueira” de Enrique García Rey ou o impulsor da recuperación das obras musicais de patrimonio histórico compostas por orteganos.

Foi Presidente da Asociación Nacional de Directores de Banda de España (ANDB) e director artístico ou musical de diversos proxectos do Plan Nacional de Bandas como a Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia.

Ainda que non o queira recoñecer, pódese afirmar que é un referente tamén na divulgación educativa e nas redes sociais. As canles educativas sobre a súa metodoloxía (facebook, youtube, webs…) contan entre todas con máis de 100.000 seguidores.

Carlos é o Director da ESMU Municipal de Ortigueira.

Web: https://carlosdieguez.org/ 

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.

Abrir chat
Necesitas axuda?
Ola!
En que podemos axudarche?