As clases de Conxunto Vocal da ESMU Municipal de Ortigueira comezan o venres 11 de outubro!
A Escola de Música Municipal de Ortigueira dá comezo ás súas clases de Conxunto Vocal (Coro) este venres 11 de outubro, de 18:45h a 20:00h. Estas clases están abertas a todo o alumnado, familiares e amigos que desexen participar, sen importar a idade nin o nivel musical.
O primeiro concerto deste curso no que participará o Coro será o próximo 20 de decembro, coa representación musical da obra “A Divina Comedia” de Dante. Será unha gran oportunidade para gozar da música en grupo e formar parte dun proxecto musical único.
¡Animádevos a cantar e a compartir a paixón pola música connosco!