Ortigueira Música

Con Outra Voz (Entrevista e actualidade sobre a ESMU)

con outra voz. radio voz

📻 Este domingo, a Escola de Música Municipal de Ortigueira en Radio Voz

Este domingo, de 13:15h a 14:00h, a Escola de Música Municipal de Ortigueira será protagonista no programa Con Outra Voz de Radio Voz.

Falaremos da nosa historia, das agrupacións que forman parte da escola, das novidades do curso e do camiño cara ao 25º aniversario, que celebraremos en 2025 con múltiples proxectos culturais e musicais para toda a veciñanza.

👉 Podes sintonizarnos en todas as frecuencias de Radio Voz en Galicia:
Programa en directo

👉 E ao día seguinte, dispoñible tamén en formato podcast:
Arquivo de Con Outra Voz

Unha oportunidade única para coñecer máis de preto a escola, que dende hai máis de dúas décadas é referente musical e educativo en Ortigueira e en toda a comarca.

Con Outra Voz, o gran magazine de fin de semana de Radio Voz, conducido por Félix Jorquera.

Actualidade, cultura, música, literatura, cine, gastronomía, asociacionismo… Todo o que acontece en Galicia, contado en clave galega, para achegarche propostas de lecer, actividades e a voz dos seus protagonistas.

Comparte

Facebook
WhatsApp
Telegram
X