Ortigueira Música

Diana Samprón Fernández

Nace en León. Estuda percusión nos conservatorios de León, Coruña e Oviedo, onde remata os seus estudos coas máis altas cualificacións.
Recibiu clases de numerosos mestres como Diego Ventoso, Rafael Casanova, Rafa Más, Luis Mª González Bermejo, Juan Francisco Díaz Martín, Nick Woud, Nancy Zeltman e César Peris, entre outros.

Formou parte de numerosas agrupacións clásicas: bandas de música como as de León, A Bañeza, Ponferrada, Guardo, Burgos; orquestras sinfónicas como a JOSPA, a Orquestra Sinfónica do Teatro La Latina (Madrid), Orquestra Cidade de Palencia, coa que realizou unha xira por China, OSBU (Orquestra Sinfónica de Burgos), e a Orquestra Cidade de León “Odón Alonso”, coa que interpretou un concerto para vibráfono solista e orquestra no ano 2007, estrea en España. É fundadora da agrupación de metais e percusión BeeBrass Ensemble, participando no Festival Internacional de Jeju (Corea do Sur) en agosto de 2017.

Participa activamente en todo tipo de formacións camerísticas: dúo con piano, con saxofón, con frauta, con violoncello, con actriz… En canto a agrupacións non clásicas, formou parte de numerosos grupos de diferentes estilos: folk, pop, rock, boleros, jazz… tendo varios CD gravados como batería e percusionista. Ademais, participou coa compañía Garrapete Clow no espectáculo “O Clownciertazo”, seleccionados na Rede de Teatros de Castela e León e gañadores do Primeiro Premio de Teatro de Rúa de Palencia.

Impartiu clases en diferentes conservatorios como o Conservatorio de Música das Pontes (Coruña), Segovia, Palencia e Burgos, e en numerosas escolas de música, como a Escola Municipal de Música de León, A Bañeza (León), a de Cacabelos (León), San Andrés do Rabanedo (León) e Camponaraya (León).

Actualmente dirixe Bañetukada, Batukada Municipal do Concello da Bañeza (León), pertence ao grupo Contrassio Quartet (jazz e músicas do mundo) e colabora con Blanca Altable (violinista/ compositora).

O xenio comeza cunha nota. Ti traes a paixón.
Xuntos, construímos o teu porvir!

PROFESORADO

Coñece o equipo que forma a Escola de Música Municipal de Ortigueira

AULA VIRTUAL

Accede á sección privada para o alumnado da Aula Online da ESMU Ortigueira.

PLAN DE ESTUDOS

A ESMU Ortigueira conta cun plan moderno, actualizado no que prima a música en conxunto e uns horarios flexibles para os usuarios.

CONTACTA

Se necesitas contactar con nós ou ver a ubicación da nosa escola, fai clic neste cadro.