A ESMU Municipal de Ortigueira presenta este obradoiro de Instrumentos Tradicionais Galegos, especialmente deseñado para achegar a música tradicional galega a nenos e nenas, así como a persoas adultas do Concello de Ortigueira.
É unha oportunidade única para mergullarse nas nosas raíces culturais a través da música, nun ambiente próximo, desde cero e cun profesorado titulado.
As clases terán lugar na ESMU Municipal de Ortigueira os Mércores de 18h a 19h.
Instrumentos: Gaita Galega, Tamboril, Pandeireta, Pandeiro, Bombo, Cunchas, Tarrañolas, Culleres, Acordeón, Requinta…
Funcionamento do Obradoiro:
O Obxectivo principal é poder facer música en conxunto e que poidas tocar varios instrumentos acorde co teu nivel.
Dende os 3 anos e sen límite de idade contaremos simultaneamente con varios profesores que contribuirán a que poidas aprender ó teu ritmo, sen aburrimento ou frustración.
Prazas limitadas! Anótate na Escola de Música ou a través da nosa páxina web e non perdas a ocasión de participar neste obradoiro que conecta música, tradición e diversión.
CONTIDOS
A Música Popular e Tradicional Galega.
Descripción, mantemento e coidados do instrumento.
Posición das mans no instrumento.
Coñecemento dos ritmos básicos.
Características da escrita para cada instrumento. Exercicios básicos.
Ritmo, tempo, velocidade, pulso.
Maneo, redoble, muiñeira, pasodoble, xota.
Interpretación dun repertorio de cancións sinxelas seguindo o ritmo e a melodía.
Técnica instrumental básica.
Práctica simultánea: canto e instrumento.
Ritmos tradicionais básicos: coñecemento e identificación.
Aprendizaxe de música de oído.
Prácticas de escritura musical.