
Nace en Ortigueira en 1982. Comeza os seus estudos na Banda Escola de Música de Ortigueira sendo profesor nese momento Daniel Lage Durán.
Tras estudar nos conservatorios de Viveiro e A Coruña, accede ao Grao Superior de Música no Conservatorio Superior de Música de Oviedo “Eduardo Martinez Torner” co profesor Antonio Cánovas Moreno onde finaliza os estudos coa cualificación de sobresaliente.
Realizou cursos de perfeccionamento con profesores como Claude Delangle, Jean Yves Fourmeau, Arno Bornkamp, Vincent David, Christian Wirth entre outros, ademais do curso de música de cámara co Quatour Habaneira en Poitiers (Francia).
Desde o ano 2004 ata o ano 2014 foi saxofonista da Banda de Música Ciudad de Oviedo, compaxinando este traballo co de profesor no Centro de Estudos Musicais de Grao Medio “Muñiz Toca” de Oviedo e a Escola Municipal de Música de Noreña.
Desde o ano 2014 ata o ano 2022 é director da Escola de Música e Arte EVAI na Coruña.
Na actualidade é profesor de vento-madeira na Escola de Música Municipal de Ortigueira onde imparte clases desde o ano 2022.